Me dirixo a vostede tras ler a noticia da morte do batería dos Piratas. Vaia por diante a miña implicación cun tema que me interesa especialmente, xa que son xornalista e padezo un trastorno bipolar. Dende esta dobre perspectiva, considero lamentábel o pouco rigor informativo e médico co que se trata nos medios este tipo de trastorno e a enfermidade mental en xeral. "Muere el batería de Los Piratas de un disparo de un guardia civil tras un trastorno bipolar".

Como é posíbel abrir a información con semellante titular? Como é posíbel confundir un brote psicótico concreto que pode afectar a calquera persoa, estea tola ou non, cunha enfermidade crónica como é o trastorno bipolar, que permite levar unha vida normalizada cun tratamento axeitado? Como se pode dicir que "la mujer y la suegra aseguran que la actitud agresiva que este presentó fue consecuencia de su trastorno bipolar que había dejado de tratar por prescripción médica"? E engadir, poñendo a frase na boca da sogra: "La culpa es del psiquiatra, que le quitó el tratamiento". Como se poden dicir esas cousas sen contrastar a información co psiquiatra?

Porque calquera que teña algunha idea sobre este asunto sabe que un psiquiatra xamáis lle retiraría a medicación a un enfermo que padece un trastorno bipolar, que é unha enfermidade crónica que require un tratamento de por vida.

Creo que xa está ben de estigmatizar a enfermidade mental con informacións nada rigorosas, sesgadas e pouco documentadas e tratalas dunha vez por todas co rigor, profundidade e coñecemento que se merecen; entre outras cousas, porque afectan a colectivos especialmente sensíbeis, indefensos e vulnerábeis.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.