Cartas de los lectores

Por unha Marea Galega

07.09.2015 | 00:40

É a hora da Unidade Popular, da confluencia da esquerda, da clase traballadora galega, da xenerosidade, da altura de miras e de deixar a un lado os egos, os personalismos, os protagonismos e a predominancia dunhas siglas sobre as outras. É a hora de xuntarnos, unirnos, de cooperar conxuntamente para conformar unha gran Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas unha Marea Galega con grupo parlamentario propio para as vindeiras eleccións xerais pero tamén para as seguintes eleccións autonómicas na que quepamos todos, na que todos traballemos conxuntamente e colaborativamente, onde todos sexamos necesarios e nadie imprescindible porque é máis o que nos une que o que nos separa. Desde a miña humilde opinión esa Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas, esa Marea Galega, debe contar co total protagonismo cidadán e dos movementos sociais, debe estar construída dende abaixo, dende as bases, de forma democrática, inclusiva, plural, horizontal, participativa. Os partidos políticos que apoien este proceso de Unidade Popular esta Marea Galega son benvidos pero deben estar nun segundo plano, acompañando este proceso e non tutelándoo ou instrumentalizándoo. Esta Marea Galega debe ter un programa común claramente de esquerda e antineoliberal totalmente aberto, inclusivo, participativo que defenda o ensino público e a sanidade pública, o dereito a unha vivenda digna, os servizos públicos, a igualdade de oportunidades, a xustiza social, o dereitos humáns, os dereitos sociais, a nosa cultura, o noso idioma galego e os nosos sectores produtivos, os dereitos da clase traballadora galega e do pobo galego. Esta Marea Galega é fundamental para democratizar a economía, para rescar o público, para recuperar as institucións para a xente, para transformar a sociedade e para o cambio político; e ese cambio político debe protagonizalo a cidadanía empoderada e os movementos sociais que todos os días loitan na rúa por un mundo máis xusto, humano, solidario e democrático.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine