Cartas de los lectores

Romaxe de Crentes Galegos

15.09.2015 | 00:44

Desde o ano 1978, que nas fontes do Pai Miño, no Pedregal de Irimia, se celebrou a I Romaxe de Crentes Galegos, deica este ano de 2015, van alá 38 Romaxes celebradas ao longo e ancho do país galego. Cada unha delas foron portadoras de ilusións e esperanzas a esgallo; foi moita a xente que traballou arreo con inquietude, para que nelas aflorase o mellor do sentir da nosa fé e galeguidade, que xa nunca deben ir por separado, pois tendo como meta desde o galeguismo a Xesús de Nazaré só se pode ser: místico e revolucionario.

Non podo por menos que dar as grazas a cantos traballaron con afán para agasallarnos con tan lúdicas celebracións cristiá-galeguistas.

O pasado día 12, na Terra Chá, na máxica paraxe de Penas de Rodas en Outeiro de Rei, Lugo, celebrouse a 38 Romaxe, coa música da Quenlla irase Desorballando Sonos, lembrando aos poetas chairegos Manuel María e Díaz Castro. É bo dar un paseo por esta enxebre festa de fé e galeguidade e empaparse de boas vivencias e amizade.

"En Gaioso, ollando a Chá hai dúas penedas ergueitas. Semellan non ser verdade, redondeces tam ben feitas! As Penas de Rodas, dous ollos alucinados que espían con atención os eidos máis alonxados. Se ambas penas se desfán, arde -co mundo- un tesouro: unha pena é alquitrán, a outra unha trabe de ouro! Non sodes, non, cantería, ouh penas do encantamento. Temo que calquera día vos poida levar o vento!".

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine