Cartas de los lectores

Auga, fraude e corrupción

16.09.2015 | 01:03

Estes días en Ferrol andamos a comprobar como se teñen subordidado os interesres dos veciños para beneficio unicamente duns poucos. Resulta que se nos decía que se estaban a depurar integralmente as augas residuaris de dez mil veciños da cidade e agora enterámonos que todo era falso. Que non só se lles estaba a cobrar unha taxa ilegal a toda a veciñanza senón que non se estaban a depurar as augas residuais polas deficiencias das instalación da EDAR de cabo Prioriño. Isto amosa que as denuncias que se viñan facendo por parte de diversos colectivos da cidade deberon ser atendidas moito antes por parte dalgunha autoridade competente. E agora tamén nos atopamos que tivo que ser o novo goberno municipal encabezado por Jorge Suárez quen destapara todas estas irregularidades. A posta en marcha e as encomendas de xestión da EDAR de Prioriño foron procesos totalmente irregulares e opacos, feitos ás presas, sin os informes preceptivos para imputar o cobro da taxa, e co único obxectivo de vender electoralmente un saneamento que non era tal. Chegouse a facer unha visita á depuradora en Marzo por parte da conselleira de Medio Ambiente e do anterior alcalde felicitándose de que Ferrol xa estaba a depurar integralmente un millón e medio de metros cúbicos de augas residuais e de que gracias á xestión popular a ría era xa apta para o marisqueo e para o baño. Non só se estaba a contaminar o medio mariño senón que tamen se estaba a intoxicar a opinión pública. O único que estaban a facer as autoridades disque competentes era verter directamente o mar as augas residuais sin depurar, provocando con elo unha grave contaminación ambiental e un posible delito ecolóxico nunha zona declarada Rede Natura 2000 e con un grande interése natural. Na nosa man está revertir os procesos de privatización e sometemento a intereses que non son os das maiorías sociais. A auga ten que volver ser un dereito esencial, un ben non suxeito nin a especulación nin a obtención de beneficios para as empresas privadas.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine