Ben pola iniciativa de amplos sectores da cidadanía ou pola necesidade das élites dun partido en declive que aproveitan a pulsión cidadá para tapar os seus problemas de corrupción, a posibilidade da independencia de Cataluña semella hoxe máis real que nunca.

Certo que a folla de ruta independentista supón una vulneración da legalidade vixente e que existen moitas razóns obxectivas que a farían inviable, pero tamén o é que todos o pobos teñen dereito a súa autodeterminación.

Analizando o actual conflito, vemos unha parte do territorio español na que máis ou menos a mitade da súa poboación quere a independencia baseándose en dereitos históricos, políticos e culturais, e máis nunha suposta conveniencia económica. Para o cal queren aproveitar as eleccións autonómicas a maneira de plebiscito e amosar que contan cos apoios necesarios para o seu proxecto.

Supoñamos que gañasen os partidos da opción independentista cunha escasa marxe. Sería viable a independencia? En todo caso estaría moi cuestionada e daría orixe a unha fonte inagotable de conflitos.

A independencia supón unha ruptura do establecido na Constitución Española, cuxa modificación esixe como mínimo a aprobación por unha maioría cualificada de 3/5 das dúas cámaras do Parlamento ou de 2/3 do Congreso (66,33%).

Aínda que esta prerrogativa correspóndelle ao Parlamento español, supoñamos que se lles dese aos cidadáns cataláns a iniciativa. Un feito de tal relevancia como a secesión requeriría dun apoio máis amplo. Nalgúns países as reformas lexislativas de alto calado esixen a aprobación por unha maioría de 2/5 (80%). Claro que sería preferible do 90% ou mellor do 100%, pero o día que se atinxa o apoio de máis do 80% da poboación a independencia de Cataluña sería unha posibilidade moi real.

Polo de agora estamos moi lonxe dun horizonte de tal natureza, polo que o que están a facer certas élites catalás, máis aló de dar resposta as xustas aspiracións do pobo de Cataluña dentro de España, só serve para enguedellar e darlle azós ao PP e a CDC, e para impedir que se fale dun verdadeiro cambio político en España.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.