Cartas de los lectores

'Inseguridade Social'

29.09.2015 | 01:05

De seguro que a miña denuncia só é un graíño de area das moitas que se poden presentar diante da Inseguridade Insocial. É unha mágoa que sempre que se ten algún problema, sobre todo no relacionado coas listas de espera, a resposta que che dan para que non deas a lata sexa: "Poña unha reclamación"... Trátannos de parvos.

Levo esperando xa sete meses para que se me inserten electrodos epidurales na columna, pois teño unha radiculopatía L4-L5. De seguro que á maioría da xente que poda ler esto soaralle a chinés, outros que, por desgraza, se atopen na mesma situación saben moi ben do que estou a falar.

Dende xa hai moito tempo a miña vida, vida normal dunha traballadora que cotiza todos os meses e tira para diante coma moitos máis, vese trucada por unha operación de hernia discal. Agora teño unha incapacidade. Falo de hai xa catro anos. Non estou a pedir nada ao que non teña dereito como persoa. Só pido que intenten paliar a dor que teño todos os días dende que me levanto ata que me deito. Sr. Feijóo e Sra. conselleira de Sanidade, os culpables de que esa vida sexa agora un inferno son vostedes. Din, coa boca ben aberta, que as listas de espera baixaron, que non hai que esperar tanto para consultas con especialistas, con probas que ás veces son decisivas para un diagnóstico, para operacións ... podería seguir pero creo que todos sabemos do que estou a falar.

Como pode ser que leve sete meses esperando, dende o 25 de febreiro deste ano, para que se me coloquen esos electrodos que, segundo a Unidade da dor do Chuac da Coruña, é o único tratamento, agora mesmo, que pode facer que eu teña vida, e non falo de luxos, que agora non teño.

Sr. Feijóo e Sra. conselleira de Sanidade, non nos mintan máis, xa non nos cremos nada do que digan... alomenos eu non o fago.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine