Mohamed vive entre nós. É un pequeno Salah-Edín a piques de conquerir Xerusalén, anque polo de agora venda kebab. El naceu en Bagdad, naquel Irak de Saddam Hussein bloqueado polo imperio, o país que deu en levantar mezquitas cando lle faltou pan e o seu petróleo era maldito no mercado internacional. Mohamed semella non saber unha palabra de árabe. Coñecerá as suras e as oración a Alá pero cos marroquinos entendense en castelán ou galego. Mohamed é kurdo. Ten a conciencia nacional intacta e non precisa alzar a voz para expresalo. Si, é bagdadí, irakí, e a súa nación é Kurdistán, un territorio que sobrepasa as fronteiras de Siria, Irak, Turquía. Unha etnia perseguida vítima de holocaustos episódicos polos distintos poderes políticos. Se lle preguntas a Mohamed se chove, el pensará que o estás a vacilar ou estás tolo ou que ti mesmo podes ver se chove cos teus propios ollos. A súa nacionalidade e o seu país é como a chuvia: unha realidade tan evidente como o seu nome ou o tempo que vai. Posiblemente quen o perseguiu ao longo da historia nunca o cuestionou como pobo, nin tentou borrarlle a identidade. Eles non pertencen ao primeiro mundo. Non probaron con eles a sedución ou o sofisma. Masacráronos e fóra.

Xa leva aquí moito. Non é Mohamed da tacada de Aylan Kurdi. El pertence a outro éxodo. A simple emigración, unha diáspora laboral que a guerra do golfo e os foguetes a asubiar por riba das cabezas probablemente suxeriron. Non o sei. Non coñezo aos outros membros da familia, indefinidos entre a cor moura da pel doutras razas tamén orixinarias de Asia Menor.

Eí andan, mesturados con nós, certificando que non somos nin seguramente seremos, cosmopolitas.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.