Enrique Guitar Costa naceu en Curvián (Palas de Rei-Lugo), o 29 de maio de 1920. Faleceu o día 17 de outubro na cidade da Coruña e foi sementado o domingo 18 de outubro de 2015 no cemiterio de Pambre-Cabana en Palas de Rei. E digo sementado porque a súa vida é unha semente que agromará na terra para que outros poidan vivir con dignidade. Tiña 95 anos e foi un referente ético e moral para todos os viciños da comarca da Ulloa e do Alto Ulla. Foi carteiro de 1951 a 1972, o que lle valeu para coñecer ben as moitas necesidades dos seus viciños. Criou o teleclube de Pambre en 1966, loitou por abrir a pista entre a aldea de Pambre e de San Breixo, por traer o teléfono, as estradas e outros elementos da modernización rural. Conectou socialmente a vida na aldea coa vila e a cidade. Tamén foi xardineiro durante anos do Hospital Universitario da Coruña. Enrique non cazaba bolboretas, senón que cuidaba do xardín para que elas viñesen a contentar os usuarios do hospital con algunha alegría, consolo e esperanza. Para algúns foi un "cacique bon", eu máis ben diría que foi un líder comunitario que traballou polo ben común no que creía firmemente, polo que é público, e de todos. Foi cidadán e non súbdito, dinamizou a parroquia de Pambre e arredores, criou unha cultura de diálogo e negociación con todos, animou o espazo rural e dignificou a vida de moitos ao desenvolver unha organización social en comunidade. Pero sen dúbida o seu orgullo é ter loitado pola conversión en ben público do Castelo de Pambre, algo polo cal loitou xunto coa súa familia, os viciños de Pambre e os da Ulloa. Para el o castelo non era simplemente un monumento dos ricos e poderosos, era un símbolo do direito a vivir do e no rural. Neste momento de tristeza e saudade pola súa falta física, sempre lle estaremos agradecidos pola sua heranza, polo seu exemplo e pola creación de un "Nós" e de un xuntos que nos posibilitou convivir mellor. Coa próxima apertura do "novo" (rehabilitado) castelo de Pambre, xulgo que a biografía de Enrique de Pambre se merece un espazo destacado como emblema e referente moral da terra da Ulloa. Poucos como el merecen o consenso de que foi un galego bon e xeneroso. A súa memoria e o seu sentido ético deberían ser preservados nas políticas da memoria colectiva e social para que as futuras xeracións o coñezan e o recoñezan, pois ao fin e ao cabo, todos somos fillos das súas loitas, do seu grande afecto e solidaridade. DEP o amigo, viciño e ser humano Enrique de Pambre.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.