O pasado verán a miña consogra, de nacionalidade mexicana, veu pasar tres meses carón a súa filla (quen por certo ten dupla nacionalidade dende hai oito anos).

Non era a primeira visita que facía, daquela a única documentación que tiña que traer era o pasaporte en regra, e indicar o tempo e lugar onde vai vivir. Agora esixen:

1º Declaración xurada do propietario do piso conforme é de seu.

2º Declaración xurada conformen viven nese piso, aportando a correspondente escritura de dito piso. Con todo isto imos á comisaría, onde por certo nos atenderon moi atentamente, na que a miña nora tiña que firmar outro impreso. Alí nos din que primeiro temos que ir ó banco a pagar unhas taxas de 72 euros, e o máis asombroso, aportar seis copias da escritura do piso, si leron ben, seis copias. Unha vez rematado acudimos á comisaría, na que nos informan que nun prazo de tres días recibiríamos a autorización correspondente, tendo despois que enviala a México.

Total, uns gastos de 108 euros cando antes era de balde. ¿Afán recaudatorio ou darlle tantas voltas e gastos ós cidadáns ata facelos desistir? Por non nos cabrear haberá que seguir a Miguel Hernández: "La risa me hace libre, me pone alas, soledades me quita, cárcel me arranca".

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.