Que ben quedan os gobernantes decíndolles ós rapaces que o campo é o seu futuro. Con que axudas contan? Hai uns meses veu o Catastro, por algunhas aldeas, medindo e facendo fotos. De momento xa cobraron 60 euros pola visita. Despois virá o aumento da contribución anual. Algunhas palleiras con máis de 100 anos tamén as incluíron. Xente que retornou á casa dos seus antergos, e amañaron pequenos alboios para que non caeran, tamén pagarán o aumento. Os que cubriron o forno porque chovía nel, veñen os señores de Facenda e fanlle pagar máis impostos.

O futuro da xente que quere traballar non está asegurado mentres leven cartos para fóra e non os devolvan. Mentras a xustiza esté de parte dos poderosos. Canto paga un labrego do campo? Si non gaña nin para comer! Hoxe do campo en Galicia é imposible vivir.

Canto me gustaría a min que a xente poidera vivir da terra! Pero teño 85 anos e están sacándome 80 euros todos os meses da miña pensión da agraria, por traballar mentras podía. Hoxe, coa miña minusvalía, estaría tirada por aí, senón fora pola miña familia.

Chupan o sangue dos máis débiles como os tabaos ás vacas. Da noxo ver o noso país mal gobernado, onde, para que uns poidan malgastar, a gran maioría pasa fame.

Xente que na vida colleu un raño vén anunciando a bombo e platiño as bondades de vivir no campo. Seique van vir axudas ata para o can. Os dos repartos dos sobres e cartos en Suiza dinnos que temos que ruralizarnos. E eu lles digo que si. Que hai vida no campo. Que é marabilloso vivir no rural. O problema é que hai alimañas que levan anos estragando este xeito de vida. E non me refiro ós porcos bravos.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.