Para facerse cos lugares estratéxicos e coas materias primas, como antes fixeran os Romanos na Europa, e os Europeos na América, agora parece que lles tocou a Rusia e os EEUU que apoiados por Occidente, tentan controlar pola forza as materias primas aló onde existen. Ambas potencias contan con armas poderosas, que como 1ª fase, venden as distintas forzas dos Países que van a intervir. Así as forzas militares establecidas apoiadas por uns, combaten contra os rebeldes armados por outros, matandose entre sí. A situación crea frentes de liberación nacional como ó EI, Al Murabitun, e outros que combaten a todas as forzas extranxeiras, para evitar que as riquezas do País como petróleo, ouro, diamantes, etc. caian nas mans dos de fora. Por outra parte e como 2ª fase, os frentes de liberación nacional, son publicitados polos ocupantes, como terrorismo fanatico-relixioso, para desactivar a xa confusionada opinión pública.

A 3ª fase, son as accións bélicas contra Siria, Irak e Malí, con resultados nefastos para a población civil. Un millón de mortos polos bombardeos de uns e outros, casas destruídas e millóns de personas como parias desperdigados polo mundo adiante.

Prodúcese un efecto rebote con resultados tamén nefastos para a población civil europea, con atentados e numerosos mortos por parte dos Frentes de Liberación Nacional,en clara contrapartida os Países que participaron activamente cos bombardeos na Siria. A población civil ademáis dos atentados,vai ser sitiada polos gobernos, con menos liberdade, grabada con máis impostos por "defensa", enerxía máis cara e unha gran invasión de inmigrantes dos países asaltados. En cambio os resultados serán excelentes para os EEUU, Occidente e Rusia, con facturacións millonarias por ventas masivas de armas con petróleo e ouro gratis da man dos poderosos do País, por destruir a resistencia dos Frentes de Liberación Nacionais.

Tamén os resultados por secretismo bilateral, serán excelentes para algúns poderosos sirios, que en contubernio negociaron anteriormente, coas potencias invasoras.

Destruídas as defensas, e cos Paises desestructurados, as poblacións que quedan, están amedrentadas, os defensores xulgados como terroristas,e as materias primas no poder dos EEUU. En breve pasarán a 4ª fase que será establecer o habitual plan de paz, consistente en poñer a frente dos países, uns "xefesmequetrefes" que lles permitirán trasvasar o petróleoda Siria, e o ouro de Malí, á vontade.

Cos contratos de materias primas en propiedade, poñerase en marcha a 5ª fase que consistirá en retirar as tropas de ocupación, deixando os países valeirados e ermos como si pasara Atila co seu cabalo. O esquecemento da xente será inmediato, e as próximas invasións como sempre, non serán relacionadas pola población civil coas anteriores.

Reflexión ¿Qué mundo é este, onde os corruptos e criminais son héroes, os mártires terroristas e a población está narcotizada? ¿Pero qué chulería é esta? ¡Queremos paz. Non votamos aos políticos para que fagan a guerra. Votamos para que a diplomacia abra portas comerciais, para intercambio de mercadorías, e para facer novas e duradeiras amistades!

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.