Este pasado sábado 28 de novembro moitas persoas nos concentramos e manifestamos en distintas cidades en contra da guerra, dos recortes nos nosos dereitos e das nosas libertades, da islamofobia, da intervención militar en Siria en defensa dos dereitos humanos, da democracia, das libertades e pra amosar o noso profundo rexeitamente, a nosa mais enérxica repulsa e condea do infame e miserable atentado terrorista en París.

Saímos ás rúas a dicir alto e claro que queremos convivir en paz, que non queremos guerras, que queremos que se respeten os dereitos humanos e a dignidade das persoas e que unha intervención militar en Siria únicamente causaría moitas mortes, dor e sufrimento de persoas inocentes da Sociedade Civil Siria.

Tamén para dicir que a democracia, as liberdades e os dereitos humanos non se defenden nunca coas guerras, cos bombardeos, intervindo militarmente nos países e matando e causando moito dor, sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil que non teñen culpa de nada.

A democracia, as libertades, os dereitos humanos se defenden cortando as vías de financiación dos grupos terroristas, prohibindo a venta de armas e investigando que países e gobernos venden armas e se lucran financiando os grupos terroristas, acabando co secreto bancario e cos paraísos fiscais, invertindo nos servizos públicos, no ensino e na sanidade públicos, fomentado un ensino público de calidade, universal e gratuito que eduque para a paz, incrementando os investimentos en cooperación e desenrolo.

Fomentando políticas públicas de inclusión, de igualdade, de acollida e de integración das persoas migrantes, refuxiadas para acabar coa desigualde social e coas inxustizas provocadas por un sistema capitalista, depredador, neoliberal e mercantilista e polas políticas neoliberais e de recortes de gobernos neoliberais, conservadores e socialiberais que están ao servizo dunha minoría privilexiada, das grandes multinacionais e das grandes empresas armamentísticas que se lucran e que aumentan as súas ganancias e as súas fortunas e privilexios a costa de provocar guerras e da vida, do sufrimento, das mortes de persoas inocentes da sociedade civil.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.