Seguramente pola distancia e a veces pola información terxiversada descoñecemos a situación de Cataluña. Digo isto, porque non nos cansamos de ler, escoitar e ver en todos os medios a enorme crise que padece esta nacionalidade e a mala xestión que esta a facer o seu goberno, agravada nestes derradeiros meses pola tardanza en formar un goberno definitivo.

Pola contra si alguén mira para algúns datos reais non terxiversados, pode ver, por exemplo, que en decembro, nunha das autonomías de España onde máis descendeu o desemprego -o problema máis grave que temos en España- foi en Cataluña. Pola contra, nunha autonomía como a galega, o desemprego foi un dos lugares onde máis se incrementou, e iso que os nosos gobernantes non paran de contarnos as marabillas que ten a estabilidade e que o noso goberno é un exemplo para toda España.

Tamén se di que moitas empresas cataláns polo medo á inestabilidade se van de Cataluña, e deberíamos ter algunhas dúbidas sobre esta afirmación, pois moitos mozos e mozas galegas seguen a emigrar a Cataluña para buscar traballo, e non se produce a situación contraria, o que algo explica. Mentres aquí coa magnífica estabilidade pecharon once mil empresas nestes derradeiros anos, acabo de ler que preto de Barcelona, Amazón, unha enorme empresa multinacional, acaba de comprar un solar para instalar o maior almacén de distribución do sur de Europa, por poñer un exemplo.

E tampouco se produce en Cataluña un abandono do rural semellante ao galego, onde o número de lugares e aldeas abandonadas aumenta día a día dunha maneira bestial, e sen que se poña ningún remedio para evitalo.

Outra cousa que se critica é a creación de oficinas por parte da Generalitat no estranxeiro para promocionar o comercio catalán e as súas exportacións, dicindo que isto orixina moito gasto, máis algo tiñan que facer, ante a inoperancia e burocracia das embaixadas españolas, e así o entenderon comunidades como a madrileña ou a andaluza, entre outras, que non son nacionalistas, e que ata fai pouco tempo tiñan moitas oficinas deste tipo. E en canto ao gasto destas oficinas, o que hai que mirar é o seu rendemento, pois senón antes alguén tería que explicar o enorme gasto orixinado pola embaixada de España no estado Vaticano, que xunto con outras embaixadas, só serven para lucimento duns burócratas.

En resume, é importante a estabilidade, mais se conduce a converter Galicia nunha gran residencia de vellos, iso si, moi tranquiliños, moita xente nos negamos a apoiar esta falsa estabilidade.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.