Cando acontece unha cita deportiva da talla dunha final da Copa do Rei de baloncesto é moi importante que se coñeza o que é a quen se contrata. O máis sinxelo é recorrer ao quen ten máis sona ou a tal agrupación a través dun coñecido. Isto foi o que se fixo coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense no Coliseum da Coruña. Asesorarse antes de facelo debería de ser unha obriga por unha simple cuestión de respecto e ética musical.

Os galegos en xeral e, neste caso, os coruñeses en particular non merecemos o trato e a imaxe que se está a dar da nosa música tendo como máximo expoñente a unha agrupación pseudo-escocesa que non representa nin de lonxe a Galicia. Hai entidades dabondo espalladas pola nosa terra que xa fan todo o contrario. E é, sen dúbida, unha vergoña para moita xente ver a unha banda que di representarnos con bastóns de mando militares, gaitas "marcianas" (instrumentos híbridos entre gaita escocesa e galega) e desfiles con malabarismos máis propios de bandas doutros países tan respectables como o noso. Levamos tempo dicindo que iso non é de aquí, por moito que nos queiran convencer doutra cousa.

E tanto os organizadores (a ACB) como os colaboradores de tal evento (entre eles o Concello da Coruña e a Deputación Provincial da Coruña, que destinan cartos públicos a tal efecto) deberían reflexionar e explicarnos a todos se eles identifican iso como galego porque nós xa o entendemos e sabemos distinguir as cousas perfectamente. Menos aplausos e máis conciencia, por favor. Informarse antes de facer algo non ocupa lugar. A ignorancia musical da xente chega a converterse en falta de respecto a todo un pobo.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.es). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.