A Sra. ministra de Traballo mándanos unha carta a todos s xubilados e xubiladas deste reino borbónico e non sei como tomala.

Di que "coa volta España á senda do crecemento e a creación de emprego, superamos unhas das crisis máis graves da nosa historia democrática. Durante estes anos, os españois logramos evitar o rescate da nosa economía e conseguimos poñer as contas en orden, e o que é máis importante, voltamos crear emprego e medrar, a millor forma de que a recuperación chegue a tódolos fogares". España volta a medrar? En que?, como non sexa en endeudamento, e máis contratos lixo? Crear emprego cando o ano pasado 21.000 galegos menores de 34 anos voltaron á casa dos pais, precisamente por non gañar para vivir?

Segue a misiva: "o protagonista eres ti e millóns de persoas que con voso esforzo foi posible que a recuperación fose máis rápida". Os xubilados somos os artífices da recuperación? ¡Asombroso! Que eu sepa non traballo, debemos ser un caso único que sen traballar fixemos posible a recuperación. Nos toma por tolos e ignorantes, cando o seu goberno o ano pasado perdonoulle ás eléctricas -uns pobres- 3.400 millóns de euros. Quen é un goberno para lle perdonar a uns millonarios un diñeiro que é de todos? Vese que Facenda non somos todos. Así logo ela e os demáis teñen o choio asegurado nestas empresas.

Segue: "Os pensionistas tedes moito que decir nesta historia de superación". De que superación fala? Como non sexa a dela que lle deu 15.000 euros a unha congregación religiosa, dos nosos impostos? Así logo resulta que a caixa dos pensionistas non lle quedan máis reservas máis que para un par de anos. Cando este goberno tomou o mando había na caixa das pensións 66 mil millóns de euros. Hoxe parece ser que quedan 38.000. Seguen máis tonterías para nos decir que nos sube o 0,25%, ¡qué maravilla!

Dí tamén que é unha subida ¿moderada? Que permite que hoxe como no ¿futuro? o noso sistema de pensións segue dando protección e seguridade a todos.

Desprezo, tomadura de pelo ou ambas cousas? Isto lémbrame as verbas de José Hierro: "Pero se me ha borrado la historia (la nostalgia) y no tengo proyectos para mañana (la esperanza) ¡qué pena!".