Quero felicitar a todo o periódico e aos seus colaboradores pola defensa que fan dos pobres animais maltratados e tamén das persoas, homes e mulleres do noso país: Galicia; pero tamén ao longo de España. Cando imos a un canil de animais abandoados, entregamos estes a calquera, sen defensa alguna da indiferencia e crueldade humana. En pleno siglo XXI, pregúntome eu como podemos ser tan insensibles, sobre todo cos cans, que, como dixo alguén: Es el más fiel amigo del hombre.

Cando un chega a casa, quen é o primeiro que salta de alegría, que o acompaña cando un está doente, ou incluso cando falece? Xa se teñen dado casos de que algún canciño ten botado días e ata meses á beira do nicho do seu amo. Agradézolle moito a súa sensibilidade con todos os seres vivos, sobre todo daqueles que dependen de nós para a súa supervivencia.

Sigan así denunciando a esas malas persoas que descargan nos animais a súa maldade. E, grazas ás súas denuncias serán castigados e nalgúns casos ata irán ao cárcere, pagando cuantiosas multas (aínda que a mellor maneira de curar a estes malnacidos era aplicarles un pouco da súa manciña, como fan coas súas mascotas?).

Dende aquí pídolle aos lectores que non dubiden en denunciar prácticas aberrantes. Ninguén lles manda ter un can ou gato, ou coller unha parella que teña fillos, para despois maltratalos, deixándoos sen alimentación, sen auga limpa e pegándolles ou abusando deles. Isto ten que acabar no noso país; así coma os touros, ou tirar animais dende un campanario, etc. Somos bestas ou somos persoas?

Sigan así señores, estas cousas non deberían ocorrer nun país moderno e civilizado. Denota que vostedes teñen bo corazón.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.es). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.