O pasado día 3 de abril aconteceu en Vilalba o derradeiro falecemento dunha persoa, ao dar a volta un tractor e quedar atrapado o condutor na propia cabina. Sería bo coñecer a estatística deste tipo de accidentes, máis polo visto na prensa é moi elevado, e o que chama a atención é que ante este grave problema a Xunta permaneza sen tomar medida algunha para evitalos.

É moi fácil en Galicia que os tractores dean a volta por dous motivos básicos, existen terreos en xeral moi inclinados, e sobre todo cando chove -cousa normal nesta terra- esvarar ou cravar unha roda, por reblandecemento do terreo, é algo cotián. Isto amáñase con relativa facilidade, obrigando a que todos os tractores teñan unha estrutura protectora que cando dean a volta non se esmague co peso do tractor e protexa ao condutor.

Como en Castela, Andalucía, Extremadura, etc., os terreos son máis chans e non chove tanto, a nivel do Estado non é importante este problema, e non precisan medidas especiais, aínda que se lles afectara seguro que xa as tiñan tomado. Non obstante, o goberno galego parece mentira que non faga uso das súas competencias, e non protexa doutra maneira a cada vez máis pouca xente que vive no rural, polo menos neste tema concreto.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.