O xoves, ao me asomar á fiestra ao mundo que é este xornal que vostede dirixe, tiven que me parar a ollala varias veces para me asegurar que era real o que estaba a ver: a nova máis importante dese día, na nosa cidade de convivencia, era que tres exalcaldes se xuntaron para defender a importancia para a cidade da celebración das "meigas de San Xoán" e criticar, xa que logo, que o Concello non financie a referida celebración.

E isto veñen defendelo tres firmas (especialmente dúas) que durante os seus mandatos se dedicaron a hipotecar o concello, a deixar pufos varios, produto dos seus desvaríos enfermizos de grandeza, que agora -isto si- temos que pagar todos os veciños e veciñas. Tres individuos que nunca atoparedes arredor de ningunha mesa -agás para enchérense á conta de todos nós- para defender o dereito a unha vivenda digna para os centos de veciños e veciñas embargados polos bancos cando eles gobernaban, eses bancos amigos desta tropa, que tivemos que rescatar tamén os veciños e veciñas.

Vístelos algunha vez cos preferentistas?

Vístelos cos desaloxados do ofimático?

Vístelos resolvendo o problema que crearon co edificio ilegal no antigo enclave de Fenosa? Algún deles algo debe saber deste asunto.

E resulta que agora véñennos dicir que o problema fundamental desta cidade é a falta de apoio económico ás meigas!! Que é o que hai detrás deste interese tendo en conta a traxectoria do persoal do que estamos a falar?

Sres. Negreira, López Menéndez e Vázquez, non lles parece que xa nos amolaron bastante? Non cren que seguir a querer mexar pola veciñanza, considerándoa imbécil, é un exercicio de descaro político intolerable?

A respecto de afirmacións do señor -con perdón- Fernández Barallobre, nomeando "perroflautas" ao colectivo de persoas que nos podemos achegar aos areais no San Xoán, xa o definen como cidadán e como veciño ao manifestar unha absoluta falta de respecto aos "cans" e á "música". Agardo que me permita a brincadeira de lle aconsellar que, ás veces, son máis aconsellables os "cans" como compañeiros de viaxe que certas persoas.

Sra. directora, non lle parece que un acto ao que asisten cen persoas para tratar o tema en cuestión, non pode ser -nun periodismo responsable e independente- a noticia de portada e cunha páxina no interior, cando noticias como o intento de aprobación dunha renda social aparecen en pequeniño na mesma portada?

Feitos como este obrigan a un a pensar se a prensa que merca diariamente reúne os mínimos de liberdade informativa esixibles.

Para rematar dicir que, en canto ás meigas, habelas hainas, e que non son votante da Marea. Só por aclarar?

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.