A participación política é máis que votar cada catro anos. Implica un desenvolvemento pleno da persoa, o elemento básico, non tanto a cuestión que gobernase a maioría, e como esta goberne, senón máis ben o proceso de manifestación das opinións, da disuasión e o instinto de convencer ós demais. As críticas a este modelo baséanse totalmente en que os cidadáns queren sacar o máximo beneficio para os seus intereses e que non están dispostos a seguir unha labor de cooperación guiada no ben común. Que os cidadáns non teñan uns niveis de formación, calificación que lles permita participar - como sería normal- nas tomas de decisións.

As democracias coma tales teñen que cumprir unha guía de leis, para que sexan unha democracia de verdade. Estes son pois os dereitos dunha democracia ó servizo dos cidadáns:

1º: sufraxio universal por voto directo e segredo; 2º: liberdades civís, de expresión e reunión; 3º: respecto total a maiorías e minorías; 4º: independencia de poderes, lexislativo, executivo, xudicial e económico; 5º: independencia total dos medios de comunicación e información; 6º: representatividade por un tempo; 7º: pluripartidismo; 8º: estado laico total; 9º: control de tódolos poderes.

Teño que suliñar que ter unha democracia é diferente a gobernar democraticamente. Para gobernar en democracia necesítanse mecanismos de control horizontal, que o que exerce unha institución sobre outras, sempre que estas sexan elididas e funcionen de xeito independente e haxa unha intervención dos cidadáns no proceso de elección, e teñan ó mesmo tempo información e saber do exercicio da función das diferentes dependencias estatais.

"Non hai democracia sen división de poderes, o poder concentrado tradúcese nunha ditadura" (Aristóteles).