O pasado mes de maio tivo lugar o acto da fin do Bacharelato do instituto Neira Vilas de Perillo.

Un de tantos dos que celebran o remate desa etapa educativa para tantos alumnos.

Pero para nós e a nosa filla con necesidades educativas especiais, non foi un de tantos.

Eses alumnos contentos do seu éxito tiveron o empeño de que a súa compañeira de anos compartira a ledicia en pleno dereito con eles.

Non foi sorpresa que a ANPA do instituto e os representantes dos pais no Consello, que foron todos estes anos non só un apoio senón a nosa voz en moitas ocasións e un pulo na nosa loita, se volcase no acto. É o normal dín eles.

Non foi sorpresa que os compañeiros visen con total naturalidade que a nosa filla compartise os froitos do traballo destes anos, aínda que academicamente non acadese o plácet oficial... é o normal.

Pero nistes tempos nos que os pais educamos no egoísmo e os nosos fillos son uns insolidarios individualistas que só buscan a propia excelencia, sentímonos na necesidade de manifestar que aínda que haxa que loitar cada día polo evidente, hai xente que entende que o normal é enriquecernos todos ca diferencia, o normal é a loita cotiá por un mundo naturalmente millor.

Para nós tedes a excelencia na difícil asignatura da inclusión.

Moita sorte no comezo dista nova etapa. Seguímonos a ver na vida.

Sabela, Lola, Xusto.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.