En amplos sectores da opinión pública reitérase sen cesar a pregunta sobre a profunda crise dos partidos e organizacións da esquerda clásica. A este respecto, non son moitas as solucións que se brindan, nen tampouco claros os criterios baixo os que se desenvolven. Acaso só coincide nesta confrontación un lugar común aceptado por todos: a etapa de prosperidade económica posterior á segunda guerra mundial, simbolizada polo Estado do Benestar, está empezando a desaparecer froito da actual crise económica.

A concepción clásica dos partidos obreiros como vangarda do proletariado foi reemplazada polo ascenso ás súas cúpulas de burócratas que basaron toda a súa actividade política na loita parlamentaria, abandoando as inquietudes da sociedade civil e ignorando os problemas cotiáns dos sectores máis vulnerables e desprotexidos da sociedade. Pero o paro continúa, a inflación aumenta, os impostos suben, circunstancias que fan que a vida resulte cada vez menos gratificante e difícil. Son síntomas, en definitiva, que lembran permanentemente a magnitude e perdurabilidade da crise profunda que aqueixa á sociedade capitalista actual.

Mentres tanto, o só feito de que o PP millorara tanto en votos como escanos revela ata que ponto os casos de corrupción e a sucesión de escándalos que asoman a cotío aos medios de comunicación non pasan apenas factura. Non só quedou primeiro, con grande diferencia sobre os demais, senón que, conxuntamente con Ciudadanos, supera en votos e en escanos á suma de PSOE e de Unidos Podemos. Parece que convivir coa corrupción non é sinónimo de suspenso unánime, aínda que tal situación tampoco exima ás forzas de esquerda, incapaces de ofrecer un programa alternativo capaz de truncar a tendencia deica a degradación económica, social, política e moral que as decepcións e a crise económica avivan.

Crear un espazo de esquerda real non pasa tan só po potenciar loitas senon tamén por abrir un espazo de reflexión teórica e de debate entre o conxunto da poboación que permita á maioría comprender o proceso social que nos toca vivir, a natureza da crise que soportamos e a posibilidade de ensaiar alternativas ó sistema actual. E esta unha tarefa colectiva da que en maior ou menor grao todos somos responsables, e para a cal teñen efectos nocivos o monolitismo, a burocratización e a falla de respecto deica as minorías.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.