"Pecha a billa", "Apaga a luz ao saír", "Non che compro iso que é comprar por comprar". Os cativos sobreviven entre continuas mensaxes? ecolóxicas? de supervivencia? Pero non hai maneira: hoxe pechan a billa pero deixan as luces acesas, mañá apagan a luz pero piden que lles compremos a enésima pelota que logo aparece embaixo do sofá. E anoxámonos con eles, con eles! Calquera día envolven as nosas mensaxes nun caxato e dannos con el na cabeza, a ver se así aplicamos o conto.

É imposible escapar das esixencias deste modo de vida onde todo implica consumo, pero é setembro, e un ano mais enfádome coa volta ao cole. Sempre confío nun cambio por parte do mestrado, eses profesionais aos que admiro noutras cousas pero nisto do consumo, e por favor descúlpenme a simplificadora e inxusta xeneralización, non. Dez libros de texto (siguen sen cuestionarse a súa idoneidade?!) 18 cores marca x, 12 rotuladores marca x, 500 folios marca x, 8 cadernos... (E non sigo que non me dan os caracteres). Materiais imprescindibles para iniciar o curso.

E logo desenvolve contidos que falan de reducir, reutilizar, de convivencia sostible. Manda facer algunha desas fichas nas que hai que escribir ou pór a pegatina que fará que dous irmáns que empregan o mesmo libro non poidan reutilizar un o do outro. Que o haxa que comprar este ano e o seguinte tamén, e tirar o anterior, que está impecable, aínda sen telo forrado (como mandan: gasta plástico tamén). Porque ti lle insistes á cativa, ao cativo, en que hai que cuidar as cousas e empregar só as necesarias e tamén lles dis que se apañen cos recursos que de por si teñen, que son moitos. E vós, profesionais do ensino, sei que tamén os tedes. Confío nun ensino público que garante que os meus fillos están atendidos por persoas capaces. Confío en vós. Por favor, deixade de defraudarme.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.