Quería contestarlle, publicamente, a algunhas persoas que escriben nos xornais ou falan na TV ou na radio, afirmando, que a transferencia da Autoestrada do Atlántico non é necesaria para Galicia, pois o fin e o cabo, vamos ter que seguir a pagar as peaxes por circular por ela.

Algo xa fomos mellorando, pois antes o argumento era que como a AP-9 chegaba a Portugal considerábase de interese estatal e non podía transferirse, e iso caeu polo seu propio peso, cando lle foron transferidas as autoestradas a Cataluña e Euskadi, o que demostra que algunha vantaxe terá cando outras comunidades tamén as piden, e por riba baixaron os prezos neses lugares. Tamén melloramos cando vemos que no Parlamento Galego votouse por unanimidade solicitar esta transferencia, aínda que por parte do PP era falso, pois despois ós deputados galegos dese partido en Madrid, votaron en contra.

Máis volvendo ó principio, os prezos poderían baixar si a xestión se realiza dende a proximidade e se fan ben as cousas, pois moitos non presupoñemos que os xestores do Estado sexan mellores cos da Xunta, como quedou demostrado cando se fixeron outras moitas transferencias, e que bota por terra o feito de que xestionar uns servizos de maior tamaño, resulte máis económico para os cidadáns. Aparte, dende a proximidade, poderíase esixir mellor a eliminación de colas moitos días do verán nas cabinas de cobro, ou a mellora da limpeza e de peches na contorna, por exemplo, pois a presión sobre os políticos galegos exércese máis fácil que sobre os dirixentes dunha concesionaria, que ten a sede moi lonxe.

E aínda que no peor dos casos tiveramos que pagar o mesmo, cousa moi improbable, a Xunta decidiría a onde van parar os grandes beneficios que xera a AP-9, -neste intre a un fondo de inversión que se estende por todo o mundo-, e que reparte dividendos en obrigacións ó 5.75%, cando os intereses como todo o mundo coñece, están moito máis baixos. Si estes beneficios fosen para a Xunta en vez de ir a unha concesionaria de fora, e non se utilizasen en baixar ou eliminar a peaxe, poderían aproveitarse para mellorar outras necesidades como a sanidade ou o ensino dos galegos, por exemplo. A AP-9 xera beneficios, quen pode preferir que se vaian fora, en vez de quedarse en Galicia.?

Para recuperar a autoestrada, seguramente hai que facer fronte a unha idemnización, da que loxicamente teríase que facer cargo o Estado, que foi quen tomou a decisión de privatizala e que non foi boa para Galicia. Ninguén entendería que se rescaten, por parte do Estado, en Madrid e Murcia, autoestradas que non son rendibles, e non o faga coa AP-9.

A solución de nomear unha comisión de seguimento da xestión da AP-9, entre o Estado e a Xunta, é unha trapallada, pois o final a titularidade segue a ser do Estado, que é quen decide, e vai quedar todo como deica agora.

Moi atentamente.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.