Vén isto a conta do penúltimo desprezo que nos fai o goberno da capital por medio do seu ministro de Fomento respecto á chegada do xa famoso AVE a esta comunidade autónoma, así como ás vítimas do accidente ferroviario do xa triste tren Alvia ao se opoñer a que se forme unha investigación para aclarar as causas do sinistro.

Pero lembremos como isto xa vén de lonxe:

Cando no ano 2009 estivo ao mando o bipartito, os mesmos que agora está na Xunta non pararon de acusar aos outros de non dar rematado dito tren no 2012. Pero unha vez ao mando, xa empezaron a recuar falando do 2014 ou 2015. Logo, unha vez elexidos de novo xa voltaban a falar do 2017 ou 2018 e para rematar o aldraxe, o actual ministro xa fala do 2021 ou 2022. E que acaso nos toman por parvos?

Hai uns días díxose que en breve estaría licitado o AVE no País Vasco incluído o tramo San Sebastián-Bilbao-Vitoria ,como lle pide o goberno de Euskadi e o que lle boten. Faltaría máis.

Penso que a explicación é ben sinxela: no País Vasco non teñen un goberno amigo e necesitan dos seus votos para aprobar os presupostos, mentres que aquí teñen un goberno amiguísimo que nin reclama nin protesta e sabe que nesta comunidade teñen os votos seguros.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.