A vida é un dos valores máis preciados e, cando nos atopamos nunha situación límite, percatámonos da valía/dimensión que teñen os profesionais da saúde.

A miña experiencia foi que, logo dun longo percorrido (non no espacio) con moitas curvas, tivemos a sorte de chegar a Cardioloxía da Coruña. Na escuridade da noite, o sol empezou a brilar.

A súa actuación foi inmediata e atopámonos con profesionais de todos os niveis laborables con ciencia, competencia, ética e humanidade. Categorías humanas que dificilmente se poden expresar con palabras.

Ante unha situación límite como a nosa, os familiares dos doentes podemos chegar a ser impertinentes, mesmo perder as formas. Cando queremos expresar as nosas preocupacións, facémolo con imprecisións que elas e eles, tamén, son quen de interpretalas. Cando lles das as grazas: "É o noso traballo". Para nós, alí, os días, horas e até os minutos fanse moi longos.

Como estás moito á espera, da tempo a observar alguna cousa. É fácil deducir que a Administración non lles dá a valía que merecen. Cómpren máis recursos humanos e económicos. Meréceno.

Aí vai o meu recoñecemento ao seu esforzo por axudarnos aos que sufrimos para que teñamos unha mellor calidade de vida e disfrutemos dos nosos máis dignamente.

Por todo elo, grazas de todo corazón, nunca tan ben dito: corazón.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.