Os últimos casos relacionados coa liberdade de expresión arrastran cola de polémicas. O montaxe do cartel do Entroido na Coruña está sendo tildado -según os gustos- de provocador, inoportuno, ultra ou perigoso, ata o punto de que o pleno municipal debateu unha moción en defensa da liberdade de expresión. Unha asociación acusa ao concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Sande, de atacar, insultar, inxuriar e calumniar os sentimentos relixiosos dunha parte da poboación. Atroz inxuria, independentemente de que o cartel haia que inscribilo dentro da casuística irreverente que simbolizan as festas do Entroido.

Pois ben, máis aló dos denunciados, os procesos e condenas a xornalistas, escritores, editores ou divulgadores da cultura nas súas múltiples variantes, son procesos e condenas á liberdade de expresión e, por extensión, á propia democracia.

Mais ás veces as grandes verbas coas que nos obsequian -fundamentalmente neste país onde o seu referente sempre é interpretable- fan esquecer o prosaico dos significados, isto é, que todos estos procesos e condenas a uns individuos e a unhas liberdades son, xa que logo, procesos e condenas a todos os que dende diversos ámbetos da sociedade queremos coñecer, criticar, denunciar e rexeitar moitos dos comportamentos de responsables de institucións públicas.

Os anglosaxóns manexan unha expresión moi atinada para o que está a suceder coa liberdade de expresión, "culpabilizar á vítima", así a denominan. As vítimas directas dos recentes procesos e ameazas son os múltiples Sande, Casandra ou o Gran Wyoming. As víctimas indirectas, aínda que non menos reais, somos o conxunto de cidadáns.

Devolver á liberdade de expresión toda a súa dimensión moral resulta fundamental para non ter que falar dela como unha das últimas causas perdidas.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.