Como era de esperar, Susana Díaz presentouse como candidata á secretaría xeral do PSOE. É obvio que a presenza dos pesos pesados do PSOE no mítin de Díaz reflicte o medo a que poida gañar Pedro Sánchez. Son conscientes do resultado obtido por Pedro nas anteriores eleccións, onde sacou 90 escanos; e que se non existira Podemos os socialistas sacasen maioría absoluta sen dúbida. A pesar diso, os chamados baróns do socialismo empéñanse en dicir que sacou os peores resultados na historia do partido socialista, que de obreiro xa non queda máis que as siglas do seu logotipo.

Pois agora, a señora Díaz, que foi ascendendo neste partido grazas aos anos de militancia, vai arrasar e gañar, segundo din os do seu partido. Gustaríame saber que pensan facer despois; aínda supoñendo que fosen a segunda forza política, como van gobernar sen pactar Podemos? A única maneira será pactar co PP, os seus xa socios de Goberno e de banco nos casos de corrupción, portas giratorias...

Só quédalles poñerlle pedras no camiño a Pedro Sánchez, non vaia a ser que gañe e saian á luz cousas do pasado e salpiquen a algún bo socialista que acatou as ordes dos seus líderes sen rechistar.