Hoxe en día cando sae un da casa e para en calquera sitio, e non me refiro só a bares, cafeterías, restaurantes, etc., o máis normal é ver a toda a xente , desde mozos a adultos, co móbil na man e case nin se falan entre eles. É triste ver como nos absorben o cerebro esas pequenas máquinas, manipuladas polas grandes multinacionais, separadamente das redes sociais, que si teñen algún que outro pequeno beneficio para nós, os grandes beneficiados son os que as manexan e de está forma, saben toda a nosa vida.

Cando vexo xente que un día si e outro tamén, colgan fotos da súa vida privada, dáme a sensación do illada que está a xente e de que parece que vive nunha realidade virtual, que triste .

Pero o máis preocupante é ver a nenos de menos de 10 anos, que co consentimento dos seus pais, xa teñen móbil e pásanse a maior parte do día e a noite chateando, ben sexa no Facebook, WhatsApp, Twitter, etc.

Eu confeso que tamén teño móbil e ordenador, pero cando paro quédase no coche o móbil, xa que me gusta falar coa xente e amigos, cousa pouco frecuente por desgraza.

As consecuencias de todo isto saltan á vista, a maioría da nosa mocidade está noutro mundo e iso págano, non hai máis que ver a porcentaxe de estudantes que se quedan no camiño e abandonan; coma se non chegase coa degradación que sufriu a educación durante estes anos que mal leva gobernado o PP, iso si grazas ao seu partido satélite (Cidadáns ) e ao PSOE que lle deu o goberno a cambio de nada, veremos que pasa agora co novo secretario Pedro Sánchez, gustaríame pensar que algo vai cambiar.

Cada día que pasa a maioría da xente está máis farta dos políticos en xeral, é triste ver un parlamento cunha maioría de esquerdas e ter un goberno de dereitas; e aínda é máis triste ver que malia a corrupción, que hai en moitos dos partidos políticos, xa que non só é o PP, e iso sabémolo todos os españolitos e españolitas, as diferenzas entre a esquerda, uns por uns motivos e outros por outros, está facendo ao pobo un gran dano. Cada día estamos moito máis indignados e desta forma chega un a pensar para que vou votar, si ao fin e ao cabo a vida segue igual.

O que pasa no Parlamento deste país de pandereta recórdame sempre á Guerra Civil, e é que, no bando republicano, as distintas faccións da esquerda non se puxeron dacordo, nin para pegar tiros.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.