Somos miles as persoas afectadas pola folga de transporte público en Galicia e parece que non temos voz ou non reclamamos porque somos invisibles nos xornais. Nas notas de prensa só se fala das persoas empregadas no sector, das que non dubido en solidarizarme se eles se solidarizasen co resto das persoas que precisamos do transporte público para exercer o noso dereito a traballar e a desprazarnos en servizos tan específicos. Coido que o dereito á folga deles non pode ir en contra do dereito do resto da poboación. Sen dúbida aquí habería que votar man da típica frase de "a liberdade dunha persoa acaba onde empeza a doutra". Pero parece que neste caso non é así, o país galego está parado por terra e ninguén se acorda máis que das perdas do sector turístico ou empresarial, cada un que tire polo seu que para certos autobuses de turistas si houbo "apoio policial para seguir". Pero somos sempre os e as traballadoras de a pé as que quedamos sen dereitos por non reclamar en grupo ou por non ser tidos en conta para a economía. Eu pertenzo ao colectivo de persoas funcionarias que teñen que sair de Ferrol a Coruña ou a Santiago por non ter emprego na súa cidade e que levamos entre 10 e 20 anos cun contrato coa empresa Arriva Noroeste, que sempre tivo grandes beneficios por un bono diario e anual asegurado. Os gastos de peaxe, rodaxe e e aparcadoiro nestas grandes cidades son moi elevados, aínda compartindo coches, e os salarios son de todo tipo, sen grandes folguras en ningún caso. Non podemos tampouco contratar transporte privado para grupo, por competencia desleal ou por o que sexa. Que as grandes empresas de transporte teñen un monopolio que fai que os traballadores e traballadoras sufran inxustizas, iso o sabemos de sempre, pero que hai que respetar "uns servizos mínimos" tamén.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.