ÚLTIMA HORA
El juez Llarena se opone a reactivar la euroorden de detención contra Puigdemont
Cartas de los lectores

Misión: sacar ao PP do goberno

07.08.2017 | 00:56

Segundo as últimas enquisas de intención de voto en España , son as seguintes:

-Nova caída do PP.

-Baixa Unidos Podemos.

-Cidadáns segue case igual.

-Sobe o PSOE.

-Mentres os demais na práctica como sempre.

En resumo a vida segue igual e a única posible alianza cunha maioría absoluta, é a do PP con Cidadáns. Desde o meu humilde punto de vista e falando en prata, estamos fodidos (perdón pola expresión) e o máis triste é que, si o PSOE agora mesmo presentase unha moción de censura, a esquerda gañaría sen problema.

O problema é o de sempre, que uns a cambio do seu voto esixen unha cousa e outros outra, cando a realidade é marcarse un obxectivo común: Sacar ao PP do goberno.

E unha cousa está moi clara, o pobo segue sufrindo mentres as súas señorías, non se poñen de acordo no obxectivo principal, como xa dixen e logo que falen e dialoguen todo o que queiran, pero vale xa de tanta demagoxia barata; a xente está farta e cada día máis desanimada e con menos ganas de ir votar; razóns sobran; non hai máis que ver o cambio de rumbo de Podemos que ao final está pagando agora coa baixada na intención de voto e é que a loita entre Iñigo Errejón e Pablo Iglesias, pasou factura, e total pra nada xa que a nova política que está facendo Podemos é na práctica a que no seu día propuxo Errejón, que era un Podemos máis amable, é dicir "Tender pontes".

Doutra banda no PSOE aínda seguen divididos, non todos por sorte, pero os partidarios de Susana Díaz máis radicais e obviamente egoístas non queren dar o brazo a torcer, e parte da culpa,por non dicir toda, tena a Sra. Díaz, que non soubo ser sinceira e pensar en todos os españois, dando un discurso a todos os seus afíns pra que o actual secretario do PSOE teña as mans libres e poida pactar con quen o considere oportuno para sacar a Rajoy do Goberno.

En canto aos demais grupos políticos sobran as palabras, o mesmo obxectivo, sacar ao comandante en xefe e logo negociar.

E si as súas señorías non fan isto con moita brevidade, serán os culpables do sufrimento de todos os traballadores/as do Estado español. Como é obvio a Cidadáns xa nin os nomeo, posto que son as novas xeracións do PP. Só queda un mes xa, para acabar o verán e entón chegará a volta ao colexio e acabásense os contratos do verán, o paro volverá subir, as pensións segundo o FMI, hai que conxelalas durante catro anos, cos que os xubilados e pensionistas, perderán un 8% do seu poder adquisitivo, os ricos serán máis ricos e os pobres non poderán selo máis, como di unha canción do gran mestre Cubano, Carlos Puebla.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine