Cartas de los lectores

O calvario das vítimas

26.08.2017 | 01:11

Ao fío das últimas declaracións da Fundación Francisco Franco e da neta do dictador, só caben tres posturas: o aplauso fanático, a risa fácil ou a indignación. A miña reacción coincide máis coa última que coas dúas primeiras. Non poido apelar a miña experiencia como membro dunha familia perseguida ou que perdeu a algún dos seus integrantes baixo pelotóns de fusilamento, mais, en troques, si presumir de criarme nun ambente nacionalista e de esquerdas, rico en contidos de solidaridade cos pobos e sectores máis desfavorecidos da sociedade.

O que me indigna é a lixereza e a falla de respeto e comprensión a quenes loitan por recuperar os restos dos seus familiares, circunstancia que supón un inmellorábel botón de mostra de que certas tentacións autoritarias permanecen aínda vivamente incrustadas en diversas institucións. Convencido do fanatismo da Fundación e da neta do dictador, penso que eso non lles da dereito a imparcializar o tema do pazo de Meirás porque creo que desvirtúan a verdadeira historia do recinto.

Polo demais, iste exercicio de revisar a historia de 40 anos de dictadura permítenos tamén medir con máis perspectiva a magnitude do cambeo experimentado, ao que contribuimos todos, na medida que nos corresponda. Mais ese salto histórico non nos pode cegar ao extremo de ignorar a pervivencia de algún tics antidemocráticos.

Ocurre, endebén, que a insensibilidade de algúns membros da clase política con mando en praza respecto á recuperación da memoria histórica está outorgando vixencia neste país a aqueles inquietantes versos do poeta ruso, Eugenei Evtuchenko: "Aqueles tempos extranos canda á simple decencia comenzaban a chamarlle valentía".

Ricardo Vales Agra

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine