Hai ben tempo, fixérase patente a necesidade dun novo cuartel para a Policía Local da Coruña que dese o relevo ao vello edificio do Hospitalillo de Orillamar, sede do corpo dende 1978.

Xa en 1996, a Asociación Profesional da PL da Coruña, dende a súa Revista Informativa (nº 18, dec/96), reclamaba un novo cuartel como verdadeira base operativa para cubrir as necesidades xurdidas pola medra e modernización da policía coruñesa. Daquela, baralláranse distitas opcións: o Cuartel de Macanaz, o Cárcere, o Cuartel de Intendencia ou a construción dun novo edificio en Vioño (a máis axeitada pola súa proximidade á ronda de Outeiro e á avda. de Arteixo), que se desbotaron polo seu elevado custo.

Os policías xa non cabían no cuartel e o malogrado Concelleiro de Seguridade, Esteban Lareo, tentou cubrir esta eiva coa distribución dos axentes por varias comisarías espalladas pola cidade. O que se revelou insuficiente pola maior necesidade de efectivos para a vixilancia e atención das mini comisarias, que tampouco resolverían as carencias operativas do corpo. Finalmente, optouse por realizar unhas obras de ampliación e reacondicionamento do Hospitalillo, co que se vén apañando o plantel de case 400 axentes ata hoxe.

Coa chegada do PP ao Goberno Municipal, o Concelleiro Julio Flores propuxo trasladar a Xefatura da PL ao desleixado edificio de Sanidade Exterior (xunto ao estadio de Riazor). Se ben o inmoble gaña en capacidade, presenta varias eivas: unha distribución vertical que dificulta a operatividade, carece de prazas para o parque móbil e está ubicado nunha punta da cidade, igual que o de Orillamar. Polo que unha mellora tan cativa non paga o gasto.

Existen 3 posibilidades máis axeitadas para a ubicación da nova base operativa da policía: o edificio do Parque Móbil Municipal na Grela, o Parque de Automóbiles da Grela (ambos os dous perto da 3ª Ronda e da avda. de Arteixo) e a Estación de Autobuses (cando se constrúa a Intermodal). Esta última é a mellor opción. Este amplo edificio pódese adaptar fácilmente para as necesidades do corpo e xa ten a Sala de Control Semafórico alí Instalada, posúe un solar con capacidade para abeirar o parque policial e dar cabida ás diferentes unidades do corpo, esta estratéxicamente enclavado (xunto á avda. da Vedra, a ronda de Outeiro e a avda. Salgado Torres) e ten un acceso magnifico e espazo para instalar todos los servizos relacionados coa policía dispersos pola cidade, que obrigan os cidadáns a ir dunha punta a outra para facer un mesmo trámite.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.