Son unha emigrante retornada de Uruguay. Gracias ao meu neto podo escribir esta carta en galego, porque aínda que o falo, por idade nunca o estudei como para escribilo, afortunadamente el si. É unha carta de agradecemento á Asociación Cultural Alexandre Bóveda. O pasado día 16 asistín á representación que tivo lugar no Teatro Rosalía de Castro como homenaxe a autores galegos que estiveron no exilio. Eu xa fun algunhas veces a este Memorial que organizan cada ano. Vou porque unha vez foi dedicado aos refuxiados e outra aos emigrados, e son situacións que me tocan moi de cerca. Quería agradecerlles os textos escollidos de Castelao e Dieste, que pintan moi ben o mundo da aldea e da emigración, e que foron moi ben interpretados e musicados. Despois a obra de Luís Seoane, pintor que admiro, pero que descoñecía que escribise teatro, tocoume moi fondo, porque os discursos que se pronuncian en Esquema de farsa, son os mesmos que nós escoitábamos nos anos cincuenta e sesenta cando volvíamos á Coruña para ver a familia no verán; nalgúns veráns, non en todos, claro, que había que aforrar. Paseino moi ben cos locutores de radio e cos discursos do gobernador civil. A obra está aínda moi actual. E por último, darlle as gracias ao director das obras, ao que tamén lle teño visto noutras montaxes. Lino Braxe é un mago, un home encantador e moi educado, que transmite a súa paixón polo que fai a todos os que contemplanos as súas obras. Ah, non quero esquecerme das dúas neniñas que actuaron, que o fixeron moi ben e que espertaron a simpatía de todos os que estábamos no teatro. Gracias unha vez máis á Asociación Cultural Alexandre Bóveda por regalarnos cousas tan bonitas. E dar gracias a Dios, por permitirme vivir e ver espectáculos como este do exilio.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.