|
|
|
HEMEROTECA » |
|
EFE
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso de súplica presentado por Carmen Polo Franco contra a resolución do mesmo tribunal que desestimou as medidas preventivas solicitadas contra a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), na categoría de sitio histórico, do Pazo de Meirás, en Sada (A Coruña ).
A Sala do Contencioso-Administrativo do alto tribunal galego considera que o recurso de súplica "pouco engade" ás alegacións que xa fixo no seu día a demandante.
O TSXG rexeitou en xuño deste ano aceptar a suspensión preventiva do decreto da Xunta.
A demandante aducía como motivos para a súa pretensión os gastos de vixilancia e seguro por accidentes que lle ocasionaría abrir o pazo ao público durante catro días ao mes, así como o "alto custo" de recibir visitantes de toda Galicia.
Tamén argumentou Carmen Franco que poderían "existir problemas de orde pública diante dunha eventual manifestación de carácter político, ou pola entrada de calquera persoa que aproveitase a ocasión para cometer algún acto vandálico ou atentado", segundo constaba no auto do tribunal galego.
O novo auto dado a coñecer hoxe e datado o pasado día 8 deste mes "confirma en todos os seus extremos" a resolución de xuño, aínda que aclara que en función do número e características dos visitantes ao pazo, "chegado o caso de que as circunstancias o esixisen se procedese a adoptar as medidas oportunas".
|
|
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
Piso, con 87 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 91 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 98 m2, A reformar, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 110 m2, A reformar, 2 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garajever más
Casa, Independiente con 60 m2, A reformar, 3 dorm, cocina Equipada, ver más
Piso, con 50 m2, 1 baños, .ESTUDIO DE 50 M2 CON AMPILIA ESTANCIA DIver más
Piso, con 80 m2, 3 dorm, 2 baños, amueblado, .PISO DE 80 M2 DISTver más
Piso, con 135 m2, Buen estado, 3 dorm, 2 baños, Ninguna plaza(s) dever más
Piso, con 60 m2, 2 dorm, 1 baños, 1 plaza(s) de garaje, amuebladover más
Casa, Adosado con 370 m2, A estrenar, 5 dorm, 1 aseo(s), 2 baños, 2 ver más
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||