|
|
|
HEMEROTECA » |
|
Milladoiro, nun dos seus concertos máis recentes na cidade, pediu-lle a aqueles que estiveron na súa primeira actuación en vivo que levantaran a man. Houbo uns cantos que o fixeron, non moitos, pero suficientes. Foron aqueles que aínda lembran o recital do 5 de maio de 1979 no colexio dos Salesianos.
Entre aquela audiencia é posible que estiveran algúns dos integrantes dos grupos que, onte, con motivo da celebración da oitava edición dos PREMIOS OPINIÓN de música folk renderon homenaxe ao histórico grupo con motivo do seu trinta aniversario.
Moitos dos que actuaron sobre o escenario do Teatro Colón declaráronse herdeiros do traballo comezado por Milladoiro fai xa tres décadas. Por que? "Foron os impulsores dun xénero que non existía", salientou un dos compoñentes do Cuarteto Caramuxo, un dos que versionaron á súa maneira algunha peza da discografía do grupo homenaxeado onte.
Homenaxe que se fixo extensiva mediante un dos premios outorgados onte por este diario á formación polo seu derradeiro traballo discográfico, A Quinta das Lágrimas, publicado o ano pasado.
A gala de onte serviu, aparte de para lles entregar o galardón deseñado por Salvador Hernández, para que moitos compañeiros da escena da música tradicional galega lembrasen o impacto que lles supuxo escoitar algúns dos seus discos, ou mesmo velos en directo. A algúns deles impresionoulles tanto a súa música que incluso se decidiron por unha vida artística, segundo recolleron algunhas das testemuñas emitidas antes de cada actuación musical. Coma no caso dun dos compoñentes de Ophiusa que lembrou unha actuación do grupo en Santiago. "A partir de aí quedamos abraidos". A súa versión fixérona de Por loucura marítima, neste caso cunha "volta" enriba, como definiu o organizador da entrega de premios e crítico deste xornal, Óscar Losada, ás versións que se escoitaron no Colón. Se no caso de Ophiusa se trataba de outorgarlle ao tradicional son de Milladoiro outro toque cunha batería e un baixo eléctrico, o Cuarteto Caramuxo, que en realidade son seis, fíxoo coa axuda dun acordeón, outra batería e varios saxofóns que lograban a perfecta atmosfera jazz no anfiteatro.
Pero a aposta que máis abraiou ao público que a piques estivo de encher as butacas foi a de Fran Pérez e o seu compañeiro Manecas Costa, quen interpretou o seu tambor de auga guineano, apoiado á guitarra eléctrica polo propio Pérez.
Para eles foi probablemente a maior ovación das oito actuacións que serviron como homenaxe para Milladoiro. Compartiron as palmas porén con Antón Corral, o elixido este ano polo xurado como o persoeiro merecedor do PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA. O xurado salientou a súa actividade en prol do xénero folk galego desde a súa faceta de artesán, músico e docente. Un dos asistentes felicitouno cun sonoro "Gaiteiro" que resoou en practicamente toda a platea.
Ademais dos xa citados, o espectáculo musical de homenaxe a Milladoiro contou coa presenza de Anxo Lorenzo, Entre Trastes ou Pedro Lamas "Non tiven que preguntar que era Milladoiro, só tiven que coller a cinta, naquel caso, e escoitálos", relatou durante o seu testemuño.
A gala pechouna Lizgairo, por partida dobre. Por unha banda os seus membros recolleron o derradeiro dos galardóns, neste caso ao mellor traballo de música folk do ano pasado por Diacronías. Pola outra, ofreceron un concerto para todo o público. O interese foi tamén dobre: púidose ver a un dos grupos máis destacados do panorama actual e tamén a un membro fundador de Milladoiro, Rodrigo Romaní, con outra formación.
|
|

| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
Piso, con 87 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 91 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 98 m2, A reformar, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 110 m2, A reformar, 2 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garajever más
Casa, Independiente con 60 m2, A reformar, 3 dorm, cocina Equipada, ver más
Piso, con 50 m2, 1 baños, .ESTUDIO DE 50 M2 CON AMPILIA ESTANCIA DIver más
Piso, con 80 m2, 3 dorm, 2 baños, amueblado, .PISO DE 80 M2 DISTver más
Piso, con 135 m2, Buen estado, 3 dorm, 2 baños, Ninguna plaza(s) dever más
Piso, con 60 m2, 2 dorm, 1 baños, 1 plaza(s) de garaje, amuebladover más
Casa, Adosado con 370 m2, A estrenar, 5 dorm, 1 aseo(s), 2 baños, 2 ver más
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||