Topónimo conflitivo
 

Losada pide a Feijóo el uso oficial de La Coruña

 19:23  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Envioulle hoxe unha misiva na que lle propón facer un "esforzo conxunto" para resolver o conflito do topónimo, unha situación que os cidadáns "non acaban de comprender"

EFE O alcalde da Coruña, Javier Losada, enviou hoxe unha misiva ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que lle propón facer un "esforzo conxunto" para resolver o conflito do topónimo da cidade, unha situación que os cidadáns "non acaban de comprender".

Losada lembroulle ao presidente da Xunta que, tanto no Estatuto de Autonomía como no Regulamento do Parlamento de Galicia recollen que a potestade de propoñer leis novas ou distintas ás aprobadas, só a teñen os deputados, os grupos parlamentarios, a Xunta de Galicia e a iniciativa popular, pero en ningún caso os concellos, polo que lle pediu que non se lles esixa "o que legalmente non é posible que fagamos".

Non obstante, animou o Partido Popular a que sexa "coherente" coas súas decisións e modifique a Lei de normalización lingüística de 1983 se considera que non se axusta á realidade actual de Galicia.

Losada informou a Núñez Feijóo de que, tanto el como o resto do Grupo Municipal Socialista, emitiron o seu voto pola cooficialidade, ao tempo que anunciou que "non cambiarán de posición".

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou, nun acto na cidade, que respecta a "decisión democrática" tomada esta mañá polo pleno do Concello da Coruña, que rexeitou unha proposta do PPdeG en demanda dunha excepción legal que permitise a cooficialidade dos topónimos A Coruña e La Coruña e asegurou que, mentres non haxa un acordo no Pleno, "non imos tomar ningunha decisión".

Porén, sinalou que sería "bo para Galicia e para a cidade" un acordo sobre a posibilidade da dobre toponimia ou a de usar exclusivamente a forma galega, ao que engadiu que haberá "outros momentos" para tratar esta cuestión.

Neste sentido, emprazou os partidos políticos a que, de cara ás próximas eleccións municipais, expliquen nos seus programas cal vai ser a súa postura sobre esta cuestión.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009