Os horizontes da nosa Coruña

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ ANTÓN PEREZ LEMA Estámoslles, os coruñeses todos (e tamén moitos CTV), desconcertados coa andrómena ésta do "L". Cando pensabamos que tiñamos xa pechada unha historia de gastar cartos que non temos, de crispar o marabilloso ambiente convivencial que nos define e de render honras a aquel que inventou unha teoría chafalleira da cidade-estado. Nesta xurde a proposta do PP para recuperarmos o "L" no noso nome. Proposta rexeitada polos concelleiros do bipartito e, semella, por unha parte importante da poboación do noso concello e da área urbana que nos da de comer.

Claro é que o alcalde Losada -disque- ten o corazón "partío". E lle vai pedir á Xunta que modifique a Lei de Normalización Lingüística. Madia leva. No 1984 aprobouse o topónimo municipal sen que o Concello alegase nada en contra. Precedeuse esta decisión da aprobación dunha Lei de Normalización Lingüística aprobada pola unanimidade do Parlamento de Galicia. No 1996, xa gobernando Aznar, aprobouse A Coruña como nome oficial da provincia pola unanimidade do Congreso dos Deputados. Daquela Losada era concelleiro do Goberno municipal e Negreira alto cargo da Xunta. ¿Por qué non lle comentaron a Fraga ou a Paco Vázquez nada ao respecto?

Coruñeses e coruñesas pasamos xa páxina. Estamos no 2009 e coa crise ao pescozo. Pensamos na complementariedade das distintas liñas de buses na área urbana, na implementación do metro lixeiro -ese que non terá recursos da Xunta no próximo 2010-, na estación intermodal. Pensamos en gañarmos o futuro de Alvedro -e isto require máis de conexións e dunha xestión coa participación próxima dos nosos concellos, Xunta, empresarios e sindicatos ca de obras inmediatas-.

Queremos integrar o noso novo peirao exterior como cabeceira galega da futura rede europea de portos. E non somos quén a albiscar liderado ningún que resolva o gravísimo problema do financiamento deste noso novo porto. Queremos unha Universidade de futuro integrada coa nosa empresa e un urbanismo sustentábel que pense máis na xente ca no beneficio dalgúns promotores. Queremos un Deportivo integrado na cidade, na área urbana e no país. Que estableza e manteña relacións normalizadas coas Administracións autonómica, municipais e cos axentes sociais e empresariais da cidade.

Queremos mirar para adiante e pensar neste século XXI. O pasado non vai volver. E, con toda sinceridade, o asunto éste preocúpalle a unha minoría moi curta -e ociosa- de coruñeses e coruñesas.

COMPARTIR
 
 
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
ENCUESTAS LA OPINIÓN

¿Qué le parece la nueva ley de la Seguridad Vial?

  Vida en A Coruña

TEXTO

DESCRIPCION
 Ver galería »
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas