EN DIRECTO
Iniciativa Lexislativa Popular

Unión Coruñesa solicita a modificación do topónimo

 19:23  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

O presidente da Unión Coruñesa, Carlos Marcos, criticou a "cerimonia da confusión" que levaron a cabo as distintas forzas políticas no Pleno do Concello da Coruña

EFE Unión Coruñesa presentou hoxe, no rexistro do Parlamento galego, unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para solicitar a modificación do artigo 10 da Lei de normalización lingüística e que recolla que os topónimos de Galicia -incluído o da Coruña- poidan ser utilizados oficialmente en calquera das dúas linguas cooficiais.

O presidente de Unión Coruñesa, Carlos Marcos, informou hoxe nunha rolda de prensa de que a ILP que propugnan non incorre en ningunha das catro razóns de non admisión que prevé o Parlamento e considerou a iniciativa como "un paso importante para a cidade coruñesa e un paso fundamental para a verdade".

Neste sentido, Marcos criticou a "cerimonia da confusión absolutamente insoportable" que levaron a cabo as distintas forzas políticas no Pleno do Concello da Coruña e na Cámara autonómica, ao tempo que lles lembrou que a cidadanía "non soporta que isto se estire coma un chicle".

Carlos Marcos incidiu en que se trata dunha iniciativa "aberta", cuxo único obxectivo é que se debata a cooficialidade do topónimo, "independentemente de quen a leve", e comprometeuse a retirala se o voceiro municipal do PP e deputado autonómico, Carlos Negreira, a presenta no Parlamento "tal e como se comprometeu".

Unha vez presentada a Iniciativa Lexislativa Popular, o Parlamento galego dispón dun mes para contestar, tralo cal ten que trasladar o informe á Xunta Electoral, que será quen habilite as follas das sinaturas legais.

Abrirase entón un prazo de catro meses para a recollida de sinaturas, no que o presidente de Unión Coruñesa confiou en acadar 50.000 rúbricas -necesítanse 19.000 para ser admitida a trámite- e sinalou a febreiro ou marzo como datas "desexables" para fixar a data do pleno no que se debaterá a proposta.

O obxectivo de Carlos Marcos é chegar ás próximas eleccións municipais, que se realizarán no 2011, "coas cousas claras" e poñer "no lugar onde se debe debater" a cuestión de fondo, que é a cooficialidade do topónimo coruñés, como desexan "a maioría" dos cidadáns.

Ademais, o representante de Unión Coruñesa considerou que non se trata dunha cuestión menor, xa que, afirmou, o debate sobre o topónimo "foi a única cuestión que puxo en dúbida a estabilidade do Goberno municipal".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009