Deputado autonómico e aspirante a secretario provincial do PSdeG-PSOE

José Manuel Lage Tuñas: ´Quero romper esa idea de que vimos os novos para quitar aos vellos´

"Non se trata de quitar a ninguén. Aquí non sobra ninguén, empezando polo compañeiro Moreda, que ten todavía moito co que contribuír"

 01:03  

O que para uns constitúe un exemplo de sano debate interno, para outros non é máis que unha evidencia palpable de división interna. Os socialistas coruñeses elixirán hoxe ao seu secretario provincial, un cargo de nova creación que se disputarán o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o deputado autonómico José Manuel Lage Tuñas. Di Tuñas que o debate vai de ideas, non de veteranía e xuventude. Fernández Moreda rexeitou conceder unha entrevista a este diario, que lla solicitou hai un mes

MARCOS MOSQUERA | A CORUÑA Os socialistas coruñeses adoptarán hoxe a nova estrutura territorial do partido, organizada en secretarías provinciais. O presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o deputado autonómico José Manuel Lage Tuñas aspiran ao cargo sen posibilidade de fusión de candidaturas. Ás once da mañá, en Palexco, comezará o primeiro congreso provincial do PSdeG en A Coruña. José Manuel Lage Tuñas acude cun "amplo" apoio da militancia e argumenta que o debate é de proxectos. non de que os novos veñan a quitar aos vellos.

-Con que ánimos acude ao congreso provincial? Cos mesmos que tiña ao arrancar esta carreira o con outros novos?

-Con moitas gañas de traballar para que o partido socialista da provincia da Coruña saia cun proxecto renovado, conectado coas aspiracións dunha boa parte da sociedade, que demanda un partido socialista que responda ás súas inquietudes e ás súas necesidades.

-Desde o primeiro momento, Salvador Fernández Moreda negou calquera posibilidade de unificación das dúas candidaturas. Ve aínda posible esa fusión?

-Eu sei o que coñezo a través dos medios de comunicación e, polo tanto, non podo responder ao que diga ou deixe de dicir o outro compañeiro. O que digo eu é que a miña dispoñibilidade sempre é ao diálogo e á busca de acordos que permitan reforzar a unidade do partido e mellorar o traballo que facemos ante a sociedade. Digo sempre algo fundamental: man tendida e capacidade para buscar acordos e entendemento, pero desde un proxecto de renovación e de cambio para o partido socialista.

-Desde que se confirmaron as dúas candidaturas, tivo oportunidade de falar con Fernández Moreda do congreso privincial?

-Temos coincidido en moitos actos e, para min, o compañeiro Salvador é un compañeiro respetado e querido. Falamos con normalidade, pero en ningún momento se deu unha conversa en torno ao congreso provincial.

-Existe o risco de que esta batalla no PSdeG coruñés se interprete como unha división máis que como unha oportunidade de fomentar o debate interno?

-As interpretacións son libres. Estamos nunha organización democrática na que se poñen enriba da mesa dúas candidaturas. O que eu pretendo facer é sumar e facer un proxecto no ámbito provincial que nos permita mellorar a nosa conexión coa sociedade e respostar ás inquietudes que teñen os cidadáns. O partido socialista ten que ser un partido maioritario en Galicia, que abarca ao conxunto da esquerda galega. Incrementar o noso peso na sociedade é fundamental.

-Manterá a súa candidatura ata o final ou existe posibilidade de renuncia?

-Quen? Salvador?

-Non, vostede.

-Ah! Perdón. Non, non, non. Eu vou presentar a miña candidatura e non teño intención de facer outra cousa que expoñerlles aos delegados e delegadas a miña visión e o meu proxecto, e darlle oportunidade ao conxunto de delegados e delegadas de que poida optar por un cambio dentro do partido e por un proceso de renovación.

-Polos dous candidatos que se presentan, é un debate entre os veteranos socialistas e as novas xeracións do partido?

-Non. Eu quero romper esa idea, creo que ás veces malintencionada, que se traduce en que vimos os novos para quitar aos vellos. Non se trata de quitar a ninguén. Aquí non sobra ninguén, empezando polo compañeiro Moreda, que ten todavía moito co que contribuír. Non se trata de se un ten trinta anos ou ten sesenta. De que se trata? De que cando eu nacín algunhas persoas que aínda están hoxe ocupando posicións de primeira liña política xa eran dirixentes, dos máis destacados, do partido. E eu teño 32 anos. Polo tanto, non se trata de novos ou vellos en termos de idade, senón de renovar as estruturas de goberno dunha organización política. E as inquietudes que tiñan os cidadáns no século XX non son exactamente as mesmas que teñen hoxe en día; nin as respostas que tiñamos hai trinta anos son as mesmas que podemos dar hoxe. Estamos falando en termos de renovación ideolóxica, de renovación de respostas e de renovación de persoas.

-Con que apoios conta?

-O apoio dos militantes do conxunto da provincia é amplo, un apoio que a un faille sentir seguro dos ideais que defende dentro do partido e tamén fóra. Creo que esa é a mellor resposta, porque neste partido conta tanto o apoio dun compañeiro que ostente moito poder institucional como de aquel que non ostente ningún.

-Dentro do Concello da Coruña, do grupo socialista, algún concelleiro deulle apoio expreso.

-Creo que é de sobra coñecido que hai compañeiros e compañeiras do Concello da Coruña que comparten a necesidade de que o partido sexa capaz de combinar a renovación coa experiencia. A min paréceme relevante non só se hai catro ou cinco concelleiros que apoian a unha candidatura ou a outra, senón que hai moitos militantes de base que queren un cambio neste partido.

-Que ofrece vostede ao partido que non ofreza Moreda?

-Eu sei o que ofrezo eu. Creo que non se trata nunca de buscar unha crítica no outro compañeiro, senón de ser capaces de ofrecer dedicación, capacidade, novas ideas e novas respostas aos retos sociais e que temos como partido, e un modelo moi claro do que ten que ser a organización do partido socialista na provincia da Coruña.

-Gañe quen gañe será bo para o partido na Coruña?

-O partido, desde logo, sempre acerta e os compañeiros sempre acertan cando toman decisións. O reto que temos no congreso é o de definir como queremos organizarnos nos próximos dous, tres anos, no conxunto da provincia da Coruña. Nós representamos unha opción que persegue a renovación do partido e o outro compañeiro preséntase coas súas ideas, propostas e experiencia, e tamén é respetable. Non creo que haxa que traballar no partido facendo divisións entre bos e malos, senón traballar por facer un PSdeG máis forte.

-En que vai beneficiar ao PSdeG esta nova organización?

-A estrutura provincial ten que servir para fortalecer o conxunto das agrupacións locais do partido, e ten que mellorar a nosa capacidade electoral xa que poñemos a nosa estrutura, que antes era comarcal, en sintonía co que é a circunscripción electoral. Creo que o primeiro reto que imos ter para comprobar o traballo que poidamos facer desde a dirección provincial e desde a dirección galega está en 2011, cando teremos eleccións municipais. Esa será a primeira ocasión para evaluar os acertos ou os erros desde a dirección do partido e desde as direccións provinciais.

-Córrese o perigo de que esta división territorial se converta nun contrapoder fronte á dirección nacional do PSdeG?

-As estruturas provinciais teñen que servir para facer un PSdeG máis forte, non para crear catro partidos.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
Concursos LNE
CONCURSO

El peque de la casa

Vuelve el Peque da la Casa con la colaboración del  Corte Inglés.

Concurso

 

Sorteamos 2 entradas semanales, válidas para cualquier día de la semana, incluídos festivos, en los cines Filmax del CC Cantones Village

Participa
 

Los príncipes inauguran el Muncyt

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO

Venta de pisos

Piso en venta con 87 m2, 3 dormitorios en Narón

Piso, con 87 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 91 m2, 3 dormitorios en Ferrol

Piso, con 91 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 98 m2, 3 dormitorios en Ares

Piso, con 98 m2, A reformar, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 110 m2, 2 dormitorios en Ferrol

Piso, con 110 m2, A reformar, 2 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garajever más

Casa en venta con 60 m2, 3 dormitorios en A Coruñ

Casa, Independiente con 60 m2, A reformar, 3 dorm, cocina Equipada, ver más

Piso en alquiler con 50 m2, en A Coruña Capital,

Piso, con 50 m2, 1 baños, .ESTUDIO DE 50 M2 CON AMPILIA ESTANCIA DIver más

Piso en alquiler con 80 m2, 3 dormitorios en A Co

Piso, con 80 m2, 3 dorm, 2 baños, amueblado, .PISO DE 80 M2 DISTver más

Piso en alquiler con 135 m2, 3 dormitorios en A C

Piso, con 135 m2, Buen estado, 3 dorm, 2 baños, Ninguna plaza(s) dever más

Piso en alquiler con 60 m2, 2 dormitorios en A Co

Piso, con 60 m2, 2 dorm, 1 baños, 1 plaza(s) de garaje, amuebladover más

Casa en alquiler con 370 m2, 5 dormitorios en Sad

Casa, Adosado con 370 m2, A estrenar, 5 dorm, 1 aseo(s), 2 baños, 2 ver más

CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya