Recuperación de terreos

O colectivo Desescribir creará hortas urbanas en Feáns

 20:07  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Celebrarase mañá unha reunión cos veciños da zona para debatir sobre a iniciativa da plataforma `Cidade dos Barrios´ que promove o COAG de A Coruña

REDACCIÓN WEB No marco da cuarta acción da plataforma `A Cidade dos Barrios´, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos, celebrarase mañá unha reunión cos veciños da zona de Feáns e Mesoiro para debatir sobre a iniciativa de crear hortas urbanas no Val de Feáns.

Falarase cos veciños sobre o interese existente na recuperación de antigas hortas e terreos na actualidade abandonados para poñelos de novo en uso e contribuír así á súa axeitada conservación e mantemento. Proporanse mecanismos de xestión para que propietarios de terras na actualidade sen uso as podan ceder ou alugar a persoas de calquera zona da cidade, que carecen de terreos, e estean interesadas en as traballar como hortas e cultivos. Deste xeito preténdense explorar alternativas de futuro para as áreas rurais de A Coruña.

Durante a fin de semana do venres 27 ó sábado 28 de Novembro festexarase o inicio dos traballos de recuperación dalgúns dos terreos mediante a celebración dunha merenda comunitaria.

Para o xoves día 26 de Novembro ás 19:30 está convocada unha nova reunión no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos 1), na que se presentará esta iniciativa, Hortas na cidade dos barrios (http://hortasnacidade.wordpress.com/), a tódalas persoas da cidade interesadas en participar na mesma.

Esta actividade, coordinada polo colectivo de arquitectos "desescribir", é o cuarto obradoiro dentro da iniciativa "A Cidade dos Barrios", que está impulsada pola Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e dirixe o estudio de arquitectura MMASA.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009