Clases en la calle

Profesores da Escola de Idiomas de A Coruña piden maior diálogo coa Xunta

 19:17  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Os docentes denunciaron que o Goberno autonómico "impón as cousas sen consultarnos"

EUROPA PRESS O colectivo de profesores da Escola de Idiomas de A Coruña reclamou hoxe maior diálogo coa Xunta para poder desenvolver o seu labor de "mellor forma" e sen un "desprezo tan grande" polo seu traballo.

Así o apuntou unha das voceiros dos profesores, Susana Aldao, durante o acto de protesta que tivo lugar na cidade de A Coruña, e no que os docentes denunciaron que o Goberno autonómico "impón as cousas sen consultarnos".

Ademais, Aldao incidiu en que, a moitos dos seus compañeiros suprimíronlles horas de clases "que xa estaban no calendario"; ao tempo que, segundo ela, lles anunciaron que impartirán un curso no segundo cuatrimestre.

"Non sabemos nin a quen llo imos dar, nin qué contidos terá, nin cál será o obxectivo", comentou Aldao, quen indicou que, a calidade das clases, ten "moito que ver" coa "preparación previa".

Así mesmo, o colectivo de profesores recorda que "nunca" se "negaron a traballar", pero consideran que o seu labor debe facerse tendo en conta "as nosas opinións".

Por todo iso, nos próximos días seguirán con este tipo de protestas nas cidades de Monforte, Ferrol, Vigo ou Santiago, coa intención de que a Xunta non les "ignore". "E deixe de maltratarnos", concluíron.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009