As obras nos pisos protexidos de Eirís comenzarán entre esta semana e a próxima

 19:08  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Calvo asegurou que as obras se acometerán despois de que onte ao mediodía a Xunta recibise a licenza de obra solicitada ao Concello de A Coruña polo Instituto Galego de Vivenda e Solo

EUROPA PRESS O delegado territorial da Xunta en A Coruña, Diego Calvo, confirmou hoxe que "entre esta semana e a próxima" comezarán as obras para emendar os danos dos pisos protexidos de Eirís, que, xunto ás vivendas de Mesoiro, serán adxudicados en sorteo a finais deste mes.

Tras unha visita a estes pisos, acompañado por representantes dos adxudicatarios, Calvo asegurou que as obras se acometerán despois de que onte ao mediodía a Xunta recibise a licenza de obra solicitada ao Concello de A Coruña polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), o que atribuíu ao feito de que a Casa do Concello coruñés tivese coñecemento da visita prevista para hoxe.

"Esa licenza, ante a inminente visita ao edificio, chegou onte ás 14.30 horas por fax", apuntou Calvo, quen, non obstante, agradeceu á Casa do concello a comunicación da concesión da licenza que, segundo explicou, servirá "para instalar uns biombos e uns ventanais en todos os corredores do edificio para evitar que en días de vento a auga produza humedades", engadiu.

Calvo insistiu tamén en que esta licenza servirá para acometer "melloras" no edificio e emendar as "humedades" que, dixo, presenta. Tamén denunciou que desta situación tiña xa constancia o anterior goberno do bipartito "dende decembro de 2008, sen que fixese nada".

Por outra parte, sobre o realoxar de chabolistas nos pisos protexidos de Eirís e Novo Mesoiro, Calvo insistiu, respecto aos posibles problemas de convivencia, que en caso de xurdir situacións deste tipo "se falará coas familias" e engadiu que será nese caso cando se busque para elas "unha situación distinta".

Por a súa parte, nun comunicado, o Concello de A Coruña precisou hoxe que a licenza presentada polo IGVS en outubro para os pisos protexidos de Eirís "se refire, exclusivamente, á colocación de biombos nas zonas comúns dos portais 1 e 4 do edificio de 188 vivendas" e engade que "en ningún caso" é para arranxar "supostos danos causados polo furacán Klaus", indica en resposta ás recentes manifestacións do delegado da Xunta, apuntando que estes danos impediron a adxudicación antes das vivendas.

Así mesmo, instou á Xunta "a que deixe de buscar escusas" e pídelle que "entregue de inmediato" as vivendas aos "seus adxudicatarios lexítimos". Tamén reclamou á Administración autonómica que poña "punto final a esta dilación inxustificada e prexudicial para os seus dereitos", concluíu.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009