EN DIRECTO
El nuevo planeamiento urbanísticoEl nuevo planeamiento urbanístico 
Presidente de la asociación Atochas Monte Alto Torre de Hércules

José Ucha: ´Non se poden facer normas sociais a costa dos veciños´

"Un plan participativo non é só publicalo no BOE. Non se convidou, como se dixo, a ninguén a participar"

 01:19  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O presidente dos veciños de Monte Alto. / juan varela
O presidente dos veciños de Monte Alto. / juan varela 

A. R. | A CORUÑA Monte Alto medrou por onde puido. A asociación veciñal de Monte Alto viña analizando como un dos principais problemas do barrio a sobreedificación nas súas rúas e a alta densidade de poboación que parecía non ter límite. Se o novo plan xeral garante a calidade urbanística, non se van poñer contra del. Eso si, sempre e cando non se atente contra os dereitos dos residentes á propiedade privada e á vivenda. Para o presidente do colectivo veciñal, José Ucha, se os propietarios ven reducido o valor das súas propiedades ou dos solares nos que se levantan, o Concello debería establecer "medidas compensatorias".

-Teñen feito unha estimación de cantos edificios de Monte Alto quedarán fóra de ordenación?

-Non está feito o cálculo pero a afección é maioritaria vendo o tecido urbanístico do barrio. Quen tiña que telo feito era o Concello pero parece que non é así.

-As alegacións serán individuais ou colectivas?

-Hay alegacións como asociación, na medida en que haxa que defender ao colectivo. Pero verase reforzado con alegacións particulares na medida en que os veciños entendan que hai un agravio aos seus intereses particulares.

-Cal é a máxima preocupación dos veciños ante a restricción de alturas do novo plan xeral?

-Eu penso que a preocupación principal é que as vivendas queden fóra de ordenanza. Outra xente entenderá que se perda edificabilidade pero dende a asociación sempre entendemos que ese sempre foi un dos problemas do barrio, a densificación e a sobreedificación. Sempre pedimos esa rebaixa de edificabilidade.

-Apoian esta rebaixa de edificabilidade pero non a rebaixa do valor das casas.

-No outro caso si. Permitiuse construir unhas casas totalmente legais, coa súa licencia e os seus permisos, e de repente quedan fóra de ordenanza. Se querían facer unha medida social, terán que ver certas medidas compensatorias. Non se poden facer medidas sociais a costa dos veciños.

-Que tipo de medidas compensatorias?

-Non o sei. Hai que pensar. Podería ser algún tipo de indemnización. O veciño ten dereito á propiedade privada e dereito á vivenda e veráse vulnerada se non pode pedir un crédito en base a ese piso. O comprador terá que ter os cartos na man e non poderá hipotecar unha vivenda que é legal.

-Cree que o Concello contou cos veciños cando decidiu a redución das alturas no novo plan xeral?

-Xa hai moito tempo que dixemos, no proceso de redacción do plan. O Concello seguiu dicindo que era un proceso participativo. E xa dixemos que non había tal proceso participativo. A información era accesible pero a participación real non existía. Non se convidou, como se dixo, a ningún veciño a participar nese proceso.

-E iso non foi o que se dixo en María Pita.

-A participación non é só publicar o plan no BOE. Unha cousa é facer algo que está establecido pola lei e outra que sexa un esforzo do Concello. No segundo caso preguntaríaselles aos veciños cales son os problemas do barrio. Vai haber un montón de alegacións pola incompresión, precisamente por esa circunstancia.

-O prazo para presentar alegacións remata o 18.

-Eu penso que non quedan garantidos os dereitos. Teremos unha xuntanza o día 30, para darlle aos veciños toda a información que nós temos. O día 10 virá alguén do Concello para explicar o plan, e cinco días despois remata o plazo de alegacións. Así que hai dez días para solicitar a información e preparar as preguntas para quen veña explicar o plan. Penso que podería haber unha agresión á propiedade privada.

-A concelleira asegurou, que tamén na relación cos bancos, quedan garantidos os dereitos dos propietarios.

-Consultamos a xente que traballa en entidades bancarias e din que non é así, e que ata podería haber problemas no rexistro no notario. É sorprendente que digan que queda garantido.

COMPARTIR
 
 
LAOPINIONCORUNA.ES EN LA RED
FACEBOOK
Hazte fan en Facebook
YOUTUBE
Últimos videos
en Youtube
TWITTER
Sigue toda la información de A Coruña y área metropolitana en Twitter
  Vida en A Coruña

TEXTO

DESCRIPCION
 Ver galería »
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Cargando...

TV.LAOPINIONCORUNA.ES
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009