Ciudad y Cultura

Imaxes do horror toponímico

Os alumnos do instituto Puga Ramón recollen nunha exposición fotográfica exemplos de disparates na castelanización dos nomes de vilas e lugares galegos

 15:23  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Unha muller observa a exposición no instituto Puga Ramón
Unha muller observa a exposición no instituto Puga Ramón Eduardo Vicente

LUIS P. FERREIRO | A CORUÑA Un grupo de alumnos do instituto Puga Ramón, en Elviña, capitaneados pola súa profesora de lingua galega, Luísa Diéguez, veñen de inaugurar unha exposición fotográfica na que denuncian a pervivencia, en moitos camiños e estradas, de carteis e indicacións que manteñen topónimos castelanizados que atentan tanto contra a legalidade como contra o sentido común.
A idea de realizar esta instalación ven dunha actividade que a docente lles propuxo aos seus alumnos, que cursan terceiro da ESO: "Cada vez que vía unha indicación cun topónimo castelanizado, producíaseme unha irritación. Sacábame das miñas casillas". Para recoller testimonio desas aberracións lingüísticas, Diéguez comezou a sacar fotografías dos carteis, ainda que sen intención de facer nada con elas. "Pero, como o tema volveu a estar de actualidade, aínda que na Coruña nunca deixou de estalo —puntualiza a profesora—, ocorreuseme a idea de sensibilizar aos rapaces sobre este asunto". A forma elexida pola docente foi recomendarlles que fixeran coma ela, e que sacaran unha foto de cada unha das barbaridades toponímicas que pasasen ante os seus ollos: "Mostraronse moi interesados, ainda que a súa participación dependía tamén da implicación dos pais. Pero sí, estaban pendentes, e trouxeron moito material".
Pero o obxectivo da Luisa Diéguez, que non era outro que fomentar o debate e concienciar aos seus alumnos sobre o uso correcto do galego á hora de referirse a vilas e lugares, cumpliuse con creces. Á hora de recopilar as fotografías que forman parte da exposición, a profesora non ten ningunha barbaridade preferida: "Por exemplo, que se siga a decir Arteijo, aquí na Coruña, paréceme intolerable. É que a maioría son cousas que non se poden traducir, como a rúa Riego de Agua. En galego, rego non é a acción de regar, é un regato. Son cousas moi diferentes".
Luisa Diéguez aínda non esgotou a súa capacidade de indignación. Obviamente, móstrase tan a favor das leis que din que o galego é o único topónimo oficial válido, como en contra de que os políticos non dean exemplo e, por despiste ou preguiza, cometan erros como o do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, cando se referiu a Sobrado dos Monxes como "Desván de los Monjes", nun acto oficial: "Esa falta de sensibilidade foi algo absolutamente aberrante. Se me pasase a min, non volvería saír á rúa pola vergoña".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009