Eliska Farkova estivo de Erasmus en Lugo e quedou "encantada". Pensa que "a situación do galego é difícil" e asegura que lle gustaría apoialo aprendéndoo. Así, está preparando o proxecto de Enxeñería de Paisaxe —así se chama a súa titulación na República Checa— e escolleu "a propiedade da terra galega" como tema principal. Convencida de que "a lingua é a base da cultura" pasará tres meses en Galicia documentándose para o seu traballo.