Giorgio Salatino comeza o curso de galego "con ilusión", pero "apenado" porque a súa intención era quedarse na Coruña para realizar o segundo ciclo de Enxeñería de Camiños e, hai uns días, anunciáronlle que non vai poder ser. "Bolonia dá problemas para as convalidacións e terei que voltar a Italia", explica. Pese a todo, este italiano ten moitas expectativas postas no curso porque está seguro de que "o mellor xeito de entender a vida e a cultura galega é coñecer o idioma".