O Aquarium Finisterrae inaugurou onte a exposición fotográfica A vida no límite. As expedicións Bentart, que se poderá visitar na sala Isabel Castelo ata o día 24 de abril. A instalación consiste nunha serie de instantáneas que recollen os fondos mariños de zonas antárticas, tomadas polos integrantes do proxecto Bentart, que se celebrou en dúas etapas, entre os anos 1994 e 1995, e entre 2003 e 2006. As áreas nas que traballaron os científicos foron as illas Livingstone e Decepcion. / Redacción