Máis de 3.000 nenos e nenas participarán mañá na edición de 2011 do Correlingua, que nesta ocasión desenvolveráse baixo o lema En galego sempre somos. Os escolares chegarán á Torre de Hércules ao redor do mediodía, despois de percorreren varias rúas da cidade, onde actuarán o mago Martín Camiña e un grupo musical do instituto Sabón. Da lectura dos manifestos encargaranse alumnos dos centros educativos Agra de Leborís, da Laracha, e O Cruce, de Cerceda.

A marcha arrancará no pavillón de deportes de Riazor as once da mañá e perecorrerá o paseo marítimo, a praza María Auxiliadora, a rúa Hospital, a praza de España, a calle San Juan, a calle Orillamar e a avenida de Navarra antes de chegar a Torre de Hércules.

Cada un dos centros educativos participantes na actividade levará unha pancarta que participará no concurso convocado pola organización. A gañadora será exposta posteriormente no museo da Real Academia Galega.

A concelleira de Xuventude, Solidaridade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, destacou onte na presentación do Correlingua que a actividade é unha "proposta de carácter lúdico-educativo que pretende invitar á xuventude e aos centros de enseñanza a participaren nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego". A edil sinalou que a marcha escolar é un modo de "exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do idioma, única forma de garantir o seu futuro". A organización destaca que se trata de dar protagonismo social e voz a un "sector fundamental" no proceso de normalización da lingua galega e que ademáis debe ter un papel activo no mismo.

O Correlingua celébrase desde o ano 2000 en diferentes cidades de Galicia. Nesta ocasión, serán quince as localidades nas que se celebre a marcha e está prevista a participación de máis de 45.000 escolares procedentes de 40 centros educativos de toda a comunidade. Na comarca coruñesa, participarán máis de 30 colexios e institutos procedentes da cidade e de localidades como Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, Malpica e Oleiros, que se xuntarán nos exteriores do pavillón de Riazor para arrancar a marcha reivindicativa.