EN DIRECTO

Co galego por bandeira

Máis de 3.000 alumnos de trinta centros da comarca defenderon o uso do idioma na escola nunha nova edición da marcha Correlingua

 01:21  
Imaxes da marcha Correlingua, na que máis de 3.000 escolares de centros educativos da comarca percorreron a distancia que separa o estadio de Riazor da Torre de Hércules. / víctor echave / fran martínez
Imaxes da marcha Correlingua, na que máis de 3.000 escolares de centros educativos da comarca percorreron a distancia que separa o estadio de Riazor da Torre de Hércules. / víctor echave / fran martínez 

Co desexo de que o galego deixe de ser considerado por algúns como unha lingua propia dos pobres e do ámbito rural e de que se fomente o seu uso nas escolas, máis de 3.000 rapaces percorreron onte a distancia que separa o estadio de Riazor da Torre con pancartas e lemas en favor da lingua. Os participanes na marcha Correlingua destacaron as diferencias entre as cidades e as vilas no uso do galego

PABLO LÓPEZ | A CORUÑA A defensa do uso do galego na escola, o intento por eliminar os prexuízos que según algúns aínda existen con respecto aos galegofalantes e a presentación da lingua de Galicia como elemento cultural que hai que conservar e mimar foron onte os eixos da marcha Correlingua, na que máis de 3.000 escolares pertencentes a trinta centros educativos da comarca percorreron a distancia que separa o estadio de Riazor da Torre de Hércules.

Os mozos que clamaron polo uso do galego fixérono con pancartas nas que podían lerse mensaxes nas que mostraban o seu orgullo por coñecer e falar o galego e tamén verbas características do idioma como bolboreta, axóuxere, miñoca ou xoaniña, coas que os rapaces pretenderon amosar a beleza e musicalidade dunha lingua que todos eles defenderon con entusiasmo.

Un dos principais temas de debate entre os mestres e os alumnos que camiñaron polo paseo marítimo foi o decreto da Xunta que, tal e como lembraron os profesores da comarca que asistiron ao Correlingua, permite que os escolares elixan libremente o idioma no que facer os exames e os traballos, independentemente da lingua na que se impartan as asignaturas.

"A situación do galego depende da zona, é dicir, de que sexa un espazo urbano ou rural. Houbo un empeoramento polo decreto, que dificulta o uso nas aulas e permite que os alumnos traballen en castelán. Isto complica o obxectivo de que os rapaces teñan un coñecemento similar das dúas linguas, porque están nunha inmersión lingüística no castelán", comenta o profesor Manuel Sarmiento, do centro María Casares de Oleiros.

A opinión de que o galego non pasa por un bo momento é unánime entre os profesores que falaron con este diario antes de que comezase a marcha reivindicativa. "O galego está moi mal porque non hai apoio desde as institucións. Nas cidades, os rapaces non están concienciados para falar galego. No noso instituto hai algúns que o falan, pero son unha minoría", manifesta a profesora de lingua galega Ramona Giráldez, do instituto Monte das Moas.

Incluso os rapaces falan das diferencias entre a cidade e as vilas. A maioría dos que estudan en institutos da cidade recoñecen que falan castelán cos amigos e que unicamente usan o galego en contextos moi concretos, como as clases de lingua galega ou as conversas cos seus avós. Os nenos do ámbito rural, por contra, aseguran que empregan o galego con total normalidade e en case todas as situacións ás que se enfrontan ao longo do día.

Tamén tiveron tempo profesores e alumnos para falar dos prexuízos que existen con respecto ao galego. Na manifestación houbo mestres que alertaron de que, en pleno século XXI, aínda hai persoas que pensan que o galego é unha lingua de xente inculta e sen recursos. "Temos unha lingua propia merecedora de respeto e con dereito a pervivir como signo da nosa historia. Aínda hai comentarios de que o galego é unha lingua de pobres, de incultos e do medio rural", lamenta Vicente Reboleiro, profesor do instituto Urbano Lugrís da localidade de Malpica.

Os nenos camiñaron entre Riazor e a Torre coa música dunha banda de rock que completou con eles o percorrido e tamén coas notas que saían dunhas gaitas que portaban uns mozos. A colorida serpe que conformaban os mozos coas súas pancartas chamou a atención dos veciños que se curzaron con eles.

Xa na explanada da Torre de Hércules, os rapaces puideron disfrutar de diferentes actuacións artísticas e escoitar a intervención duns alumnos de Cerceda que, a ritmo de rap, leron un manifesto en defensa do galego co que arrincaron una sonora ovación. "Non sexas sumiso. É unha lingua que vale, así que dalle", dixeron estes rapaces, que aconsellaron o uso do galego en redes sociais como Facebook.

A concelleira de Normalización Lingüística Ermitas Valencia destacou a efectividade do Correlingua para promocionar o uso do galego, por misturar esta actividade, organizada pola sección de ensino da CIG e pola Mesa pola Normalización Lingüística en colaboración con Concello, a reivindicación co divertimento. Algúns dos nenos, antes da marcha celebrada onte, xa participaran en concursos de banda deseñada e vídeo sobre promoción e fomento do uso do galego.

En diciembre de 2018 el Circo del Sol representará su espectáculo OVO en A Coruña. Para celebrarlo en La Opinión sorteamos un pack de productos del mismo (taza, lámpara y bolsa)
¡Participa!

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


El tiempo en A Coruña
¿Saldrá el sol en A Coruña, lloverá? ¿qué me pongo?
¿Te plantas cada día frente al armario sin saber qué ponerse? Laopinioncoruna.es, WhatoWeather y 4gotas.com te ayuda a elegir la ropa perfecta para que la meteorología no te sorprenda.

 

esquelasfunerarias.es

Venta de pisos

Piso en venta con 92 m2, 2 dormitorios en Monte

Piso, con 92 m2, Semi nuevo, 2 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Casa en venta con 180 m2, 4 dormitorios en Cambre

Casa, con 180 m2, Entrar a vivir, 4 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Casa en venta con 650 m2, 5 dormitorios en Sada

Casa, con 650 m2, Buen estado, 5 dorm, 6 baños, 1 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 90 m2, 3 dormitorios en Cambre

Piso, con 90 m2, Entrar a vivir, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 400 m2, 8 dormitorios en

Piso, con 400 m2, A reformar, 8 dorm, 3 aseo(s), 2 baños, cocina Amueblada,ver más

Enlaces recomendados: Premios Cine