Exvicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental da Universidade da Coruña

Xosé Lois Martínez: ´Eu non actuei de xeito individual´

"Fixemos todo o que consideramos que había que facer para crear as condicións urbanísticas que permitiran desenvolver a actividade de servizo público que ten a Universidade"

 15:35  
Xosé Lois Martínez, cun libro do plan xeral nas mans. / víctor echave
Xosé Lois Martínez, cun libro do plan xeral nas mans. / víctor echave 

A escasos dous meses das eleccións ao Reitorado, o Goberno da Universidade da Coruña destituíu a un dos seus membros. O que fora vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental desde 2004, Xosé Lois Martínez, foi destituído onte do seu cargo como consecuencia da execución dun edificio sen licencia urbanística no campus de Elviña. Arquitecto e profesor, o exvicerreitor mantén que sempre buscou o benestar da institución académica como servizo público e acusa a Xunta e Concello de non prestarlle os medios necesarios

AIDA MOSQUERA | A CORUÑA -Cando lle comunicaron a súa destitución como vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental?

-Esta mañá (pola de onte).

-E agora?

-Eu son profesor da escola de Arquitectura e seguirei dando clase. É a miña vocación.

-Considera xustificada a decisión do reitor?

-Eu creo que non, pero é unha percepción persoal. Non coñezo a percepción que poden ter outras persoas desde os outros vicerreitorados. Nós fixemos todo o que consideramos que había que facer para crear as condicións urbanísticas que permitiran desenvolver a actividade de servizo público que ten a Universidade, de servizo público en condicións de legalidade.

-Como a tramitación dunha modificación do plan parcial do campus, incluída en 2005 no documento do plan xeral aínda en revisión, para convertir aparcamentos en terreos edificables?

-Si, de feito tramitamos outra en 2006 e me gustaría que todo o mundo vira eses documentos, porque ao final parece que sexamos uns sinvergüenzas. A Universidade nunca ocultou ao Concello as súas necesidades de solo para desenvolver cunha mínima legalidade as funcións de docencia, de investigación e de estudo. Eu expliquei a gravísima situación que me atopei en 2004 no campus de Elviña para poder crecer. Pero tanto o Concello como, sobre todo, a Consellería de Educación daquela época, miraban para outro lado. E o mesmo aconteceu cando enviamos ao Concello a modificación do planeamento nun documento asinado polo xerente da Universidade o 11 de agosto de 2005.

-Logo a situación non foi unha sorpresa, nin para quen agora o destitúe nin para o Concello...

-O Concello sabía perfectamente que a Universidade tiña un problema. A Universidade nunca quixo enganar ao Concello, nunca lle quixo ocultar nada, nunca quixo facer nada que lle puidera crear o máis mínimo problema. Outra cuestión é que a Universidade da Coruña está sendo boicoteada desde unha percepción de Galicia onde a Universidade da Coruña non é posible.

-Boicoteada?

-Ese boicot maniféstase en que 21 anos despois do nacemento da Universidade, o campus so ten expropiada a terceira parte dos terreos que había que expropiar. Nós non temos terreos, e nós non queremos cometer ilegalidades.

-E que hai da postura da Universidade ante ese suposto boicot?

-O vicerreitor de Infraestruturas aposta pola legalidade, pero aposta por que exista un respecto a unha institución que cubre todos os días un servizo público con 23.000 alumnos e con case 2.000 profesores. Eu non podo parar as clases da facultade de Informática, con 2.200 alumnos nun sitio para 1.000. Esas si que son condicións ilegais, dar clases onde os alumnos están nos pasillos. Estamos vendendo á xente un servizo que en realidade non hai. Eu non podo parar a escola de Arquitectura, onde hai despachos de doce metros cadrados para catro profesores e que incumpren todas as normas legais. Eu non vou dicir aos decanos que todas as obras que se fan nas facultades deben solicitar licencia, porque entendo que hai cousas que se supoñen e se dan por sabidas. O vicerreitor está para axudar e para crear situacións de legalidade, e eso foi o que fixemos.

-Pero levantou un edificio sen licencia...

-Primeiro, eu non actuei de xeito individual. Segundo, eu actuei no campus como un vicerreitor que herda un proceso de construción do campus e que se somete á lóxica anterior. E eu non me pregunto máis, é dicir, descoñezo o alcance das conversacións que houbo entre 1990 e 2004 entre o Concello e a Universidade. O que si sei é que cando pretendimos presentar unha documentación para solicitar unha licencia, se nos informou dende dentro da Universidade que ese tema non se resolvía dese xeito.

-A solicitude de licencias?

-Claro, que os diferentes edificios da Universidade, naquel momento, non se executaban así. Eu dixen: 'Pois hai que cambiar a maneira'. E entón plantexei a modificación do plan parcial do campus, para poder dar licencias. Pero claro, para eso hai que expropiar miles de metros cuadrados.

-Como se facía entón antes de 2004? Construíase no campus pasando por alto o planeamento?

-Eso quizáis o teñen que dicir os de antes. Deberiamos entón meternos en como se construía entre 1990 e 2004 e como se tramitaban os expedientes, a min paréceme que eso é o máis importante que hai, non como os tramitamos nós en apenas oito anos que estivemos aquí. Eu adícome a outras cuestións e entendo que esta é unha situación heterodoxa, pero que esta heterodoxia forma parte dunha historia de construcción do campus da que eu non me sinto responsable para nada, todo o contrario.

-Pero o destituído é vostede...

-Nós temos que dar clase. Eu non sei se os alumnos de Informática e de Camiños están dispostos a dar clase no aparcadoiro.

-Pensa que unhas eleccións ao Reitorado á volta da esquina poden ter algo que ver co seu cesamento?

-Eu non estou no tempo das eleccións, estou no tempo do traballo. A min me quedaba un mes de traballo, agora xa non me queda nada. Como di Guardiola, cando estás nestes postos sabes que te poden cesar en calquera momento. Quizáis non souben comunicar a preocupación que levo tendo dende hai sete anos sobre a marxinación á que está sometida a Universidade en temas infraestruturales.

-O alcalde, que ordeou abrir un expediente á Universidade, sinalou que 'a fin non xustifica os medios'.

-Nós dependemos fundamentalmente da Consellería de Educación. Neste momento, o único sitio onde se pode edificar é nos terreos do Instituto Galego de Vivenda e Solo, que pode ceder en uso 3.000 dos máis de 30.000 metros cuadrados para que a Universidade constrúa espazos de investigación. Urbanisticamente todo é posible se se tramita do xeito adecuado. O que non pode haber é un 'non, non, non' constante por parte do outro lado, a non ser que eso entre dentro dunha estratexia que eu, como vicerreitor, non estaba disposto a aceptar.

-Que estratexia?

-De debilitamento sistemático da Universidade da Coruña. A min paréceme tan ilegal non desenvolver o plan parcial do campus dacordo coas necesidades actuais da Universidade, como que se faga unha redistribución dun edificio na escola superior de Arquitectura e non se pida licencia. Pero eu non serei quen lle diga ó antigo director da escola que por non pedir licencia vai ter un problema. Eu, en todo caso, defenderei que a Universidade ten que ter instalacións, e eso require expropiacións de terreos, e eso ten que facelo a administración. E si non o fan, están boicoteando á Universidade e, polo tanto, incumprindo o plan parcial de 1990, están incumprindo a legalidade. Ese é o problema.

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


El tiempo en A Coruña
¿Saldrá el sol en A Coruña, lloverá? ¿qué me pongo?
¿Te plantas cada día frente al armario sin saber qué ponerse? Laopinioncoruna.es, WhatoWeather y 4gotas.com te ayuda a elegir la ropa perfecta para que la meteorología no te sorprenda.

 

esquelasfunerarias.es

Venta de pisos

Piso en venta con 120 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 120 m2, Buen estado, 4 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, Ninguna plaza(s)ver más

Casa en venta con 300 m2, 4 dormitorios en

Casa, pareado con 300 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 aseo(s), 4 baños, 3 o másver más

Piso en venta con 177 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 177 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 3ver más

Piso en venta con 175 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 175 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 3ver más

Dúplex en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Dúplex, con 150 m2, Buen estado, 4 dorm, 3 baños, 1 plaza(s) de garaje, 5ver más

Enlaces recomendados: Premios Cine